Guia docente 2022_23
Facultad de Comercio
Máster Universitario en Comercio Internacional - Presencial
 Materias
  Fiscalidade Internacional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Asistencia participativa na clase 10
Resolución de problemas Realización dos exercicios e problemas propostos polos profesores da materia 90
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Dado
o carácter mixto do máster (presencial e a distancia) e tamén para facer
compatible a vida laboral e persoal coa formación, é convinte implementar
sistemas de avaliación que permitan superar a materia a aqueles/as estudantes
que non asistan regularmente a clase. É por iso que o sistema de avaliación
cambia lixeiramente en función do tipo de ensino (presencial ou a distancia) e
establece un sistema de avaliación complementario que permite a superación da
materia aos/as estudantes que non asistan regularmente a clase.

1.-
ENSINO PRESENCIAL

1.1.-
AVALIACIÓN CONTINUA

O/a
estudante deberá superar todas as probas periódicas e realizar todas as
actividades ou exercicios que propoña o profesorado da materia ao longo do
curso, o cal computará o 10% da nota.

A
nota media obtida nas devanditas probas incrementarase ata un punto (10% da
nota final) se a asistencia participativa ás sesións maxistrais e á resolución
de problemas e exercicios iguala ou supera o 80% do total.

 

1.
2.- EXAME FINAL

O/A
estudante que non supere ou realice algunha das probas periódicas ou algunha
das actividades ou exercicios, deberá presentarse aos exames finais da materia
nas datas que estableza a comisión académica do máster. O exame computará o 90%
da nota final.

Neles,
deberá entregar as actividades pendentes e realizar as probas non aprobadas ao
longo do curso, pudendo conservar as notas das probas superadas e das
actividades realizadas ao longo do curso. A nota final calcularase
exclusivamente en base ás cualificacións obtidas nas probas, actividades e
traballos.

 

2.-
ENSINO A DISTANCIA

2.
1.- AVALIACIÓN CONTINUA

O/A
estudante deberá superar todas as probas periódicas e realizar todas as
actividades ou exercicios que propoña o profesorado da materia ao longo do
curso.

2.
2.- EXAME FINAL

O/A
estudante que non superar ou realizara algunha das probas periódicas ou algunha
das actividades ou exercicios, deberá realizar os exames finais da materia nas datas
que estableza a comisión académica do máster.

Neles
deberá entregar as actividades pendentes e realizar as probas non aprobadas ao
longo do curso, pudendo conservar as notas das probas superadas e das
actividades realizadas ao longo do curso.

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000