Guia docente 2022_23
Facultad de Comercio
Grao en Comercio
 Materias
  Idioma para a comunicación internacional: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas O alumno realizará exercicios de tipo práctico sobre cuestións gramaticales e léxicas. 25 C7
C8
C14
C18
C26
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame final escrito 75 C7
C8
C14
C18
C26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación e a conseguinte
cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de
avaliación continua de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. O exame
final escrito realizarase a última semana de clase. A nota do exame escrito non
deberá ser inferior a 4 para optar a superar a materia.

Os alumnos poden renunciar á avaliación continua: para iso
presentarán un escrito indicando o seu expreso desexo de renuncia durante o
primeiro mes de clase; a avaliación da materia obterana da cualificación
alcanzada nun exame único final co total do contido da materia. A nota do exame
escrito non deberá ser inferior a 5 para superar a materia.

Convocatoria de XULLO: Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso
polo 100% da cualificación. A nota do exame escrito non deberá ser inferior a 5
para superar a materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000