Guia docente 2023_24
Facultade de Comercio
Grao en Comercio
 Materias
  Estratexia empresarial e xestión de axudas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Os temas relacionados coa estratexia empresarial serán avaliados mediante preguntas de desenvolvemento. É necesario obter unha nota mínima de "aprobado" (5 sobre 10) para superar a proba, que liberará ao alumno dos contidos de estratexia empresarial nos exames finais. 40 A5
B1
B2
C2
C4
C23
D5
Exame de preguntas obxectivas Os temas relacionados coa promoción económica serán avaliados mediante preguntas tipo test. É necesario obter unha nota mínima de "aprobado" (5 sobre 10) para superar a proba, o que liberará o alumno dos contidos de promoción económica nos exames finais. 20 A5
B1
B2
C2
C23
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Na data que estableza o centro para a realización da proba final da primeira convocatoria, plantexarase un suposto de planificación operativa que sumará o 40 % da nota final. É necesario obter unha nota mínima de "aprobado" (5 sobre 10) para superar a proba 40 A5
B1
B2
C2
C4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación definido anteriormente corresponde a avaliación continua

Avaliación global:

Nas datas establecidas polo realizaranse os exames fináis:
Calendario e horario de exames:
Primeira convocatoria: 06/07/2023ás 16:00 h. Segunda convocatoria: 01/07/2023ás 11:45 h.

Primeira convocatoria:

O alumnado que supere as probas de estratexia empresarial ou de promoción económica polo sistema de avaliación continua conserva a cualificación obtida nas devanditas probas e queda exento destes contidos na primeira convocatoria.


Os estudantes que non cumpran a condición anterior poderán presentarse ás probas de "estratexia empresarial" e "promoción económica", que consistirán nun exame de preguntas de desenvolvemento sobre os temas de estratexia empresarial e un exame tipo test sobre os temas de promoción económica.

Coas ponderacións establecidas para a avaliación continua, é necesario obter unha nota mínima ponderada de "aprobado"(5 sobre 10) para superar esta proba.

É necesario superar tanto o caso de planificación operativa como o exame teórico (estratexia empresarial e subvencións), cunha nota mínima de 5 sobre 10 en cada un deles, sendo a nota final a que resulte de aplicar as ponderacións establecidas para a avaliación continúa.

Segunda convocatoria:
 

O alumnado que supere as probas de estratexia empresarial ou de promoción económica polo sistema de avaliación continua conserva a cualificación obtida nas devanditas probas e queda exento destes contidos na segunda convocatoria.

Na data establecida polo centro para a realización da proba final da segunda convocatoria, plantexarase un suposto de planificación operativa que sumará ata o 50% da nota final. É necesario obter unha nota mínima de "aprobado" (5 sobre 10) para superar a proba.

Ademais, haberá un exame teórico sobre temas de estratexia empresarial e un exame tipo test sobre temas de promoción económica.

É necesario superar tanto o caso de planificación operativa como o exame teórico (nota mínima de 5 sobre 10 en cada un deles).A nota final calcularase pola media simple das notas obtidas no caso de planificación operativa e no exame teórico. Polo tanto, cos seguintes pesos:

Caso
de planificación operativa: 50%

Proba
de estratexia empresarial: 35%Test
de promoción económica: 15% En
función do desenvolvemento da materia, o profesor poderá propoñer traballos,
prácticas ou probas parciáis que complementen a nota do exame. 
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000