Guia docente 2022_23
Facultad de Comercio
Grao en Comercio
 Materias
  Xestión de aprovisionamentos e distribución comercial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas na que o estudante debe solucionar unha serie de casos, problemas e exercicios nun tempo e condicións establecidos polo profesor/a. Desta maneira, o alumno/a debe aplicar os coñecementos que adquiriu.

40 B1
B2
C4
C5
C15
D3
D5
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os estudantes deben responder de maneira directa e razoada en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 60 B1
B2
C4
C5
C15
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN
CONTINUA

A Avaliación do
estudante realizarase do seguinte xeito:

- Exame final (60 %
da nota final). Realizarase un único exame ao final do cuadrimestre que terá
lugar na data, hora e lugar establecido pola Dirección da Escola da Facultade
de Comercio.

- Probas de
seguimento (40 % da nota final). Estas actividades desenvolveranse nas sesións
prácticas. Só se poderán realizar nas datas e sesións establecidas, debendo
cada estudante asistir ao grupo que teña asignado para a realización das
mesmas. As datas serán elixidas e aprobadas polos/as alumnos/as nas primeiras
semanas de clase, partindo da proposta feita pola profesora o día da
presentación da materia.

Para superar a
materia é necesario cumprir dúas condicións: superar o exame final e acadar un
mínimo de 5 puntos na materia. O resultado da avaliación expresarase nunha
escala de 0 a 10 puntos.

No caso de superar o
exame, a nota final da materia resultará da suma da nota acadada no exame e nas
probas de seguimento. En cambio, no caso de non superar o exame, a nota final
da materia será a resultante de expresar a nota do exame final nunha escala de
0 a 10 puntos. Os/as alumnos/as que participen nalgunha proba de avaliación
continua e non se presenten ao exame final cualificaranse como suspensos e a
súa nota estará entre 0 e 4.

 

AVALIACION NON
CONTINUA

As persoas que non
desexen aproveitar o sistema de avaliación continua poderán facer un exame (100
% da puntuación) cun nivel de dificultade superior ao anterior. Este terá lugar
na data, hora e lugar establecido pola Dirección da Facultade de Comercio (https://fcomercio.uvigo.es/).

O estudante deberá
solicitar o sistema de avaliación non continua a través da plataforma MOOVI nas
datas establecidas pola profesora.

O exame dividirase en
dúas partes: a primeira (que coincide co exame de avaliación continua)
representará o 60 % da nota e a segunda, o 40 % restante (no que o seu nivel de
dificultade será un pouco maior). 

Para superar a
materia é necesario cumprir dúas condicións: superar a primeira parte e acadar
un mínimo de 5 puntos na materia.  Se non se supera a primeira parte, en
actas aparecerá a nota desta nunha escala de 0 a 10 puntos.

 

SEGUNDA CONVOCATORIA

A segunda
convocatoria rexerase polas mesmas normas. O exame da convocatoria
extraordinaria terá lugar na data, hora e lugar establecido pola Dirección da
Facultade de Comercio (https://fcomercio.uvigo.es/).

 

CONVOCATORIA DE FIN
DE CARREIRA

Na convocatoria de
fin de carreira, plantexarase un exame que suporá o 100% da cualificación. Este
terá lugar na data, hora e lugar establecido pola Dirección da Facultade de
Comercio (https://fcomercio.uvigo.es/).

 

OBSERVACIÓNS

Calquera
evidencia de probas plaxiadas ou copiadas, total ou parcialmente, suporá unha
cualificación de suspenso en tódalas convocatorias do curso académico.

Todas
as probas deberán ser entregadas a súa finalización e baixo ningún concepto
porán ser sacadas fóra da aula.

A
revisión dos exames terá lugar no horario e lugar establecido pola profesora.

Facilitarase
o cronograma da materia a través de Google Calendar, o enlace para acceder
estará a disposición dos/das alumnos/as antes do comezo do cuadrimestre. Nel
farase constar as actividades a realizar en cada unha das sesións. 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000