Guia docente 2022_23
Facultad de Comercio
Grao en Comercio
 Materias
  Mercadotecnia estratéxica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Valorarase o desenvolvemento e entrega dos casos prácticos, así como a súa exposición. A resolución do caso debe ser fundada cunha explicación teórica. Tamén se realizarán probas tipo test de repaso. 18 B2
B3
B4
B5
B6
C24
Traballo tutelado Plan de marketing, en grupo ou individual
Caso práctico individual
10 B2
B3
B4
B5
C24
Lección maxistral Valorarase a asistencia, actitude e participación do alumnado como requisito para ter dereito á avaliación continua (ver outros comentarios). 2 B2
B6
C7
Exame de preguntas obxectivas Valoraranse os coñecementos mediante unha ou varias probas con preguntas tipo test e/ou de resposta curta (teoricas e prácticas). 70 B3
C7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

Parater dereito a “Avaliación continua” as alumnas e alumnos deben asistir a unmínimo do 80% das clases prácticas e realizar o 100% das actividades prácticasque se soliciten (habitualmente 1 por clase práctica). Deste xeito, se unhaalumna ou alumno non asistise a clase (de forma xustificada) deberá entregara/s tarefa/s ou actividade/s nos 3 días seguintes á data máxima de entrega, nontendo en conta a non asistencia só para o cálculo da porcentaxe de asistenciamínima (80%).

Paraestes efectos NON se consideran entregadas as prácticas que non se suban áplataforma Moovi, se o profesorado habilita unha entrada para as mesmas, ou nasúa ausencia, non se entreguen en papel. A entrega fóra de prazo ten unhapenalización mínima do 25% da nota. Despois de transcorridos 3 días da datamáxima de entrega as tarefas ou actividades non se valorarán.

Realizaranseunhas probas tipo test de repaso ao final de cada un dos temas de teoría. Aspuntuacións obtidas nestes probas teranse en conta para complementar a notacorrespondente á parte práctica.

Taménse realizará un traballo tutelado (obrigatorio para avaliación continua), queterán que defender nunha exposición, e que se poderá realizar de formaindividual ou en grupo (será o profesorado quen o decida).

Anota da parte práctica será sobre 2 puntos, o traballo tutelado será sobre 1punto, mentres que o exame final terá un peso de 7 puntos (aínda que sevalorarán sobre 10). Deste xeito a nota final calcularase en base á seguintefórmula: (Puntuación da parte práctica x 0,2) + (Puntuación do traballotutelado x 0,1) + (Puntuación do exame x 0,7) = Nota final da materia.

Oalumnado deberá obter un aprobado nas prácticas (o aprobado sería 1 punto sobre2), no traballo(o aprobado serían 0,5 puntos sobre 1) e no exame (o aprobadosería 5 puntos sobre 10) por separado, para poder optar ao aprobado na materia.Se non se aproba algunha parte non se ten dereito a facer media daspuntuacións.

Asalumnas e alumnos que non cumpran os requisitos anteriores (asistencia mínimadun 80%, aprobar por separado prácticas e traballo) terán que presentarse aoexame oficial da materia por AVALIACIÓN TRADICIONAL (cunha puntuación de 0 a10, sendo o "Aprobado" un 5), e este exame será diferente ao doalumnado de avaliación continua.

AVALIACIÓNTRADICIONAL

Asalumnas e alumnos deben aprobar o exame fixado oficialmente (cunha nota mínimadun 5), que será diferente ao exame de avaliación continua.

Amateria que entrará para ambos tipos de avaliación (continua e tradicional)para o exame final será tanto a impartida nas clases teóricas como a impartidanas clases prácticas, e todo aquel contido e material dispoñible en Moovi.

SEGUNDAOPORTUNIDADE EN XULLO PARA OS DOUS SISTEMAS DE AVALIACIÓN

Exame oficial damateria establecido polo Centro no seu calendario de exames, sendo o aprobadoun 5 sobre 10. Excepcionalmente, mantense o sistema de avaliación continua (e anota obtida) para as alumnas e alumnas en avaliación continua que non aprobasenna oportunidade anterior.

ASPECTOSXERAIS

  • En todos os sistemas, oportunidades e traballos o aprobado será o 50% da puntuación (Ex.: un 5 sobre 10, un 1 sobre 2, un 0,5 sobre 1). E deben superarse todos para poder optar a avaliación continua.
  • Toda a materia impartida ao longo do cuadrimestre (clases de teoría, clases de práctica, material dispoñible en Moovi), é obxecto de entrar no exame.
  • Ao longo do curso, nas clases de teoría, realizaranse unhas probas de repaso (preguntas tipo test), que se terán en conta para o cálculo da valoración da avaliación continua.
  • Todos os exames terán unha parte de preguntas tipo test e outra parte de preguntas de desenvolvemento, podendo ser estas preguntas teóricas ou prácticas (resolución de exercicios/problemas).
  • Sempre e cando os e as estudantes superasen a materia segundo os criterios antes descritos, sumarase á nota que obtivesen un máximo de 1 punto pola participación en determinadas actividades externas que eventualmente teñan lugar durante o cuadrimestre en que se imparta a materia, e que o profesorado desta materia considere de interese. Poderá tratarse de actividades organizadas polo centro, a universidade, ou outras entidades, como visitas a empresas, charlas, mesas redondas, conferencias, talleres, seminarios, ou similares. Para iso, o profesorado da materia comunicará previamente ao alumnado, polos medios habituais (en horas presenciais ou por Moovi), aquelas actividades nas que a participación suporá un incremento da nota. Bonificarase a participación en cada actividade con 0,25 puntos, e ata un máximo de 1 punto; en calquera caso, a nota final da materia non poderá superar o máximo de 10 puntos. O alumno ou alumna deberá achegar algún documento acreditativo da súa participación en cada actividade que desexe que se lle contabilice nos prazos indicados pola persoa que coordine a materia. No caso de actividades organizadas polo centro, este encargarase de recompilar a devandita información e trasladala ao profesorado.

Convocatoria fin de carreira:

Nesta convocatoria non se aplica o sistema deavaliación continua polo que os alumnos deberán superar (5 sobre 10) o exame nadata establecida oficialmente. Examinaranse tanto da teoría como da práctica.

NOTAS:
As datas de todos os examespoderanse consultar na páxina web do centro https://fcomercio.uvigo.es
Un comportamento inadecuado na aula (valórase a participación e actitude) ou o uso inadecuado dos dispositivos móbiles poden afectar negativamente á cualificación final do alumnado.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000