Guia docente 2022_23
Facultad de Comercio
Grao en Comercio
 Materias
  Decisións de investimento no comercio
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación que poden incluír preguntas tipo test ou preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 40 B1
B2
B3
B4
B5
B6
C4
C6
C19
C20
C21
C22
C24
D1
D3
D4
D5
D6
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno/ debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor/a. Para iso, o alumnado debe aplicar os coñecementos adquiridos. 50 B1
B2
B3
B4
B5
B6
C4
C6
C19
C20
C21
C22
C24
D1
D3
D4
D5
D6
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do alumnado. 10 B1
B2
B3
B4
B5
B6
C4
C6
C19
C20
C21
C22
C24
D1
D3
D4
D5
D6
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O
alumno será obxecto de avaliación continua ao longo do curso académico mediante
a realización de probas tipo test, preguntas directas sobre contidos concretos,
de resolución de problemas e/ou exercicios, así como da valoración das
evidencias obtidas da súa participación activa no proceso de ensino-aprendizaxe
froito da observación sistemática por parte do profesor.

Durante
o curso académico, finalizados os capítulos, realizaranse diversas probas tipo
test ou de preguntas directas sobre contidos concretos que suporán o 30% da
cualificación sobre unha base de 10 puntos. Tamén, durante o curso académico,
recompilaranse evidencias sobre as manifestacións positivas por parte do
alumnado no proceso de ensino/aprendizaxe froito da observación sistemática por
parte do profesor, que suporán un 10% da cualificación sobre unha base de 10
puntos. Estas evidencias xurdirán do traballo realizado polo alumno nas clases
de teoría e/ou práctica, ou ben a través de presentación de algunha actividade
a realizar fora da aula, a cal será previamente comunicada polo profesor a todos
os alumnos por medios electónicos (Moovi)

Neste
proceso de avaliación continua, na última semana do cuadrimestre realizarase
unha última proba escrita que contendrá preguntas tipo test e/ou preguntas
directas, así como de resolución de problemas e/ou exercicios e que suporá o
60% da nota da materia, correspondendo o 10% a pregúntalas test e preguntas
directas e o 50% á resolución de problemas e/ou exercicios. A proba da última
semana do cuadrimestre cualifícase sobre unha base de 10 puntos, sendo necesario
obter, polo menos, 3 puntos para que teña efecto a valoración polo descrito
proceso de avaliación continua. A materia está superada cando as achegas das
cualificacións das probas anteriores á cualificación total alcance, como
mínimo, 5 dos 10 puntos posibles.

Os
alumnos que no se presenten a proba da última semana do cuatrimestre serán
considerados como alumnos que renuncian a avaliación continua

Os
alumnos que non sigan, renunciaran, ou non superen a materia polo sistema de
avaliación continua anteriormente referido, serán avaliados a través dun exame
global que se realizará nas datas oficiais establecidas  e publicadas polo centro, que será valorado
cunha puntuación de 0 a 10 puntos, sendo necesario conseguir 5 puntos para
superar a materia, e que incluirá soamente as metodoloxías de avaliación con
preguntas tipo test ou de preguntas directas (3 puntos) e de resolución de
problemas e/ou exercicios (7 puntos).

Os
alumnos que concorran á oportunidade extraordinaria de xullo deberán realizar
un exame global da materia na data establecida e publicada polo centro, que
será valorado cos mesmos criterios enunciados no parágrafo anterior.

As datas dos exámenes oficiaies, poden consultarse na páxina web do centro: https://fcomercio.uvigo.es/ 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000