Guia docente 2022_23
Facultad de Comercio
Grao en Comercio
 Materias
  Idioma comercial: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valoración continua da participación e da aprendizaxe 10 C18
Resolución de problemas de forma autónoma Valoración global das actividades de repaso 15 C18
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito 75 C18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación e a conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase
a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas porcentaxes
descritas máis arriba. O exame final escrito realizarase a última semana de clase.
A nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para optar a superar a
materia.

O alumnado pode renunciar á avaliación continua: para iso presentará un
escrito indicando o seu expreso desexo de renuncia durante o primeiro mes de
clase; a avaliación da materia obterana da cualificación alcanzada nun exame
único final co total do contido da materia. A nota do exame escrito non deberá
ser inferior a 5 para superar a materia.

Convocatoria de 2ª oportunidade (xullo): Exame teórico-práctico escrito dos
contidos do curso polo 100% da cualificación. A nota do exame escrito non
deberá ser inferior a 5 para superar a materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000