O alumno será obxecto de avaliación continua ao longo do curso académico mediante a realización de probas tipo test, preguntas directas sobre contidos concretos, de resolución de problemas e/ou exercicios, así como da valoración das evidencias obtidas da súa participación activa no proceso de ensino-aprendizaxe froito da observación sistemática por parte do profesor. Durante o curso académico, finalizados os capítulos, realizaranse diversas probas tipo test ou de preguntas directas sobre contidos concretos que suporán o 30% da cualificación sobre unha base de 10 puntos. Tamén, durante o curso académico, recompilaranse evidencias sobre as manifestacións positivas por parte do alumnado no proceso de ensino/aprendizaxe froito da observación sistemática por parte do profesor, que suporán un 10% da cualificación sobre unha base de 10 puntos. Estas evidencias xurdirán do traballo realizado polo alumno nas clases de teoría e/ou práctica, ou ben a través de presentación de algunha actividade a realizar fora da aula, a cal será previamente comunicada polo profesor a todos os alumnos por medios electónicos (Moovi) Neste proceso de avaliación continua, na última semana do cuadrimestre realizarase unha última proba escrita que contendrá preguntas tipo test e/ou preguntas directas, así como de resolución de problemas e/ou exercicios e que suporá o 60% da nota da materia, correspondendo o 10% a pregúntalas test e preguntas directas e o 50% á resolución de problemas e/ou exercicios. A proba da última semana do cuadrimestre cualifícase sobre unha base de 10 puntos, sendo necesario obter, polo menos, 3 puntos para que teña efecto a valoración polo descrito proceso de avaliación continua. A materia está superada cando as achegas das cualificacións das probas anteriores á cualificación total alcance, como mínimo, 5 dos 10 puntos posibles. Os alumnos que no se presenten a proba da última semana do cuatrimestre serán considerados como alumnos que renuncian a avaliación continua Os alumnos que non sigan, renunciaran, ou non superen a materia polo sistema de avaliación continua anteriormente referido, serán avaliados a través dun exame global que se realizará nas datas oficiais establecidas e publicadas polo centro, que será valorado cunha puntuación de 0 a 10 puntos, sendo necesario conseguir 5 puntos para superar a materia, e que incluirá soamente as metodoloxías de avaliación con preguntas tipo test ou de preguntas directas (3 puntos) e de resolución de problemas e/ou exercicios (7 puntos). Os alumnos que concorran á oportunidade extraordinaria de xullo deberán realizar un exame global da materia na data establecida e publicada polo centro, que será valorado cos mesmos criterios enunciados no parágrafo anterior. As datas dos exámenes oficiaies, poden consultarse na páxina web do centro: https://fcomercio.uvigo.es/ |