Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Acondicionadores de Sinal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Prácticas de laboratorio Valórase a participación do/a alumno/a nas prácticas de laboratorio: preparación de tarefas previas, cumprimento dos obxectivos expostos en cada práctica e tarefas posteriores nas que o/a alumno/a analiza os resultados, compáraos cos esperados e presenta as conclusións. Poden aplicarse ás probas de avaliación continua ou ao exame final. 15
CG1
CG4
CG8
CE29
Traballos tutelados O/a alumno/a, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lectura, conferencias, etc. 10
CG1
CE29
Informes/memorias de prácticas Elaboración dun documento por parte do/a alumno/a no que se reflictan as características do traballo levado a cabo. Os/as alumnos/as deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos e observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos. 15
CG1
CG4
CG8
CE29
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas que inclúen actividades de laboratorio e/ou TIC, problemas ou casos a resolver. Os/as alumnos/as deben dar resposta á actividade suscitada, plasmando de forma práctica os coñecementos teóricos e prácticos da materia, utilizando de ser necesario o equipamento ou instrumentación das prácticas de laboratorio da materia. Poden aplicarse ás probas de avaliación continua ou ao exame final. 20
CG1
CG4
CG8
CE29
Probas de resposta curta Probas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. O alumnado debe responder de forma directa en virtude dos coñecementos que teña sobre a materia. A resposta é breve. Poden aplicarse ás probas de avaliación continua ou ao exame final. 20
CG1
CG4
CE29
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o/a alumno/a debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicions establecido/as polo profesor. Desta forma, o/a alumno/a debe aplicar os coñecementos que adquiriu. A aplicación desta técnica pode ser presencial ou non presencial. Pódense empregar diferentes ferramentas para aplicar esta técnica como, por exemplo, chat, corre ou, foro, audioconferencia, videoconferencia, etc. 20
CG1
CG4
CG8
CE29
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Avaliación continua

Avalíanse de forma
continua a parte práctica (50% da nota) e a parte de teoría (50% da
nota). Cada unha destas partes avalíase de acordo ás metodoloxías
descritas cos seus respectivos pesos da seguinte forma:
-Parte práctica: divídese
no aproveitamento das prácticas de laboratorio (15%), o informe de prácticas
(15%) e unha proba práctica (20%).
-Parte de teoría: divídese
nunha proba de resposta curta (20%), o traballo tutelado (10%) e a
proba de resolución de problemas (20%).

A nota final, que se puntúa
sobre un máximo de 10 puntos, é a suma
das notas de cada parte se se cumpren as seguintes condicións:
-Realizar un
mínimo do 80% das prácticas de laboratorio.
-Obter unha puntuación
mínima do 40% en cada unha das dúas partes da avaliación (teoría e
práctica).
Se non se cumpre algún dos
requisitos anteriores, a nota final será a suma das notas de cada
parte, pero limitada a un 40% da nota máxima (4 puntos).
Para aprobar, os/as alumnos/as
deben obter unha puntuación total igual ou superior ao 50% da nota máxima (5
puntos).
A proba práctica realizarase
na última sesión de laboratorio. As probas de resolución de problemas
e de resposta curta poderanse dividir en dúas sesións repartidas ao longo do
período de docencia da materia.
Os informes do traballo
tutelado e das prácticas débense entregar antes de finalizar o período de exames
finais establecido para o cuadrimestre.

A avaliación é individualizada para cada alumno/a e as prácticas de laboratorio
realizaranse preferentemente de forma individual. De ser o caso, as notas das actividades que os/as alumnos/as realizen en grupos será a mesma para todos os/as alumnos/as que o compoñan.

2. Exame final
Os/as alumnos/as que non opten
pola avaliación continua (non realizasen, polo menos, o 80% de prácticas
) ou obtivesen unha nota total menor que o 5 (suspenso), poderán
presentarse a un exame final.
O exame final
consistirá nunha proba práctica de laboratorio e nunha teórica con preguntas
de resposta curta e resolución de problemas, cada unha correspondente ao 50%
da nota total. Para aprobar deberase obter un mínimo do 40% en cada parte e
sumar en total, como mínimo, 5 puntos.

3. Convocatoria de recuperación

A
convocatoria de recuperación
será como a do exame final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000