Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Sensores Intelixentes
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2016_17
Materia Sensores Intelixentes Código V05M145V01319
Titulación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
5 OP 2 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Mariño Espiñeira, Perfecto
Correo-e pmarino@uvigo.es
Profesorado
Machado Domínguez, Fernando
Mariño Espiñeira, Perfecto
Pastoriza Santos, Vicente
Web http://faitic.uvigo.es
Descrición xeral O propósito principal desta materia é formar ao estudante no deseño e caracterización dos sistemas de instrumentación electrónica baseados en sensores intelixentes, con diferentes capacidades de conexión, tanto por topoloxías canleadas como inarámicas.

Os contidos principais ordénanse da seguinte forma:
+ Análise das principais arquitecturas de sensores intelixentes capaces de incorporar sistemas multisensoriales, co obxectivo de cubrir os máis diversos ámbitos de aplicación.
+ Estudo dos estándares que os fabricantes de microelectrónica aplican ao deseño dos sensores intelixentes máis avanzados.
+ Saber analizar e deseñar sistemas de sensores intelixentes eficientes en consumo e captación de enerxía.
+ Coñecer ferramentas software e plataformas hardware para o deseño dos sistemas de sensores intelixentes.
+ Coñecer as normas de buses canleados nos diferentes ámbitos de aplicación tales como: domótica, inmótica, automóbil, plantas industriais, robótica, e vehículos autónomos de terra, mar, aire e espazo.
+ Coñecer as normas de redes inarámicas nos diferentes ámbitos de aplicación tales como: domótica,
inmótica, automóbil, plantas industriais, robótica, e vehículos autónomos de terra, mar, aire e espazo.

O obxectivo fundamental da parte práctica da materia é que o alumno adquira as bases para un correcto manexo das ferramentas de software, e as plataformas de hardware específicas do ámbito dos sensores intelixentes. O alumno, ao finalizar a materia, debe coñecer e saber manexar correctamente os instrumentos de laboratorio, debe distinguir e caracterizar os diferentes compoñentes dos sistemas canleados e inarámicos de sensores intelixentes, e ter habilidades prácticas na montaxe e medida.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000