Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Circuítos Mixtos Analóxicos e Dixitais
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Circuítos Mixtos Analóxicos e Dixitais Código V05M145V01241
Titulación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
5 OB 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Inglés
Prerrequisitos
Coordinador/a
Quintáns Graña, Camilo
Correo-e quintans@uvigo.es
Profesorado
Quintáns Graña, Camilo
Web
Descrición xeral A maioría dos sistemas electrónicos son unha mestura de circuítos analóxicos e de circuítos dixitais. Por iso, ademais de estudalos por separado, é necesario consideralos no seu conxunto e coñecer as súas características particulares. Desde un punto de vista do sinal eléctrico, os circuítos mixtos poden manexar tanto sinais dixitais con información analóxica como sinais analóxicos con información dixital. Combinar o dominio de datos dixital co analóxico e o temporal é fundamental para deseñar sistemas complexos. Esta materia aproxima ao alumno ao estudo multidisciplinar dos distintos tipos de circuítos que conforman os sistemas electrónicos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000