Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Redes sen Fíos e Computación Ubicua
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Realizarase un exame teórico (escrito) ao final do curso. 35 A1
C4
C6
C7
C9
C24
Prácticas de laboratorio A asistencia a estas sesións é obrigatoria. Se por algún motivo o alumno perdésese algunha, deberá suplila realizando algún práctica/traballo complementario que o profesor definirá no seu momento. Calquera concepto estudado nestas clases prácticas poderá ser tamén requirido no exame final da materia.

O 50% da cualificación da materia provirá do proxecto grupal en que o alumno estea involucrado. O resultado será avaliado despois da súa entrega, valorando aspectos como a corrección, a calidade, a orixinalidade, as funcionalidades desenvolvidas e a presentación e/ou informe final asociado correspondente. Así mesmo, durante a realización do proxecto realizarase un seguimento continuo do traballo para valorar a implicación individual de cada alumno no desenvolvemento.

O 15% restante da cualificación provirá de debates que promoverán -con días de antelación- os profesores (e que requirirán traballo previo do alumno); e onde se avaliará a comprensión do tema abordado e a calidade e claridade da presentación que fagan para os demais compañeiros ou/e da súa participación na discusión que suscite o tema tratado.
65 A1
A5
B3
B8
B12
C7
Foros de discusión A valoración da participación dos alumnos nesta actividade online intégrase conxuntamente coa parte dos debates implícita nas prácticas de laboratorio. 0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia poderá seguir a canle de "avaliación continua" ou ben "exame final". Un alumno haberá

elixido "avaliación continua" se se presenta a algunha das
sesións de control dos traballos tutelados que seguen á de asignación/presentación do proxecto a realizar (dentro das prácticas de laboratorio).

Os alumnos que non opten por realizar a avaliación continua deberán
presentarse a un exame final que constará de tres
partes: unha proba teórica (análoga ao exame teórico final da avaliación
continua), un traballo práctico individual (sustitutivo do traballo grupal titorizado da avaliación continua) e unha proba de aptitude no laboratorio (onde se comprobará a veracidade da autoría do devandito proxecto).

Finalmente, a proba extraordinaria de xullo terá as mesmas
características que o exame final que acabamos de describir, coa excepción de que os alumnos poderán herdar a nota dunha
das partes se esta xa foi superada

na proba ordinaria correspondente (avaliación continua ou exame
final ordinario). A proba de aptitude só será

necesaria se non asistiron a todas as sesións de laboratorio.

Outros comentarios

As puntuacións obtidas só son válidas para o curso académico en vigor.

O uso de calquera material durante a realización dos exames
terá que ser autorizado explicitamente polo profesorado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000