Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Redes sen Fíos e Computación Ubicua
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición, por parte dos profesores, dos principais contidos teóricos relacionados coas redes inalámbricas e a computación ubicua. (Competencias CE4, CE6, CE7, CE9)
Prácticas de laboratorio Desenvolveranse varias actividades:
1) Realización por parte dos alumnos de prácticas guiadas e supervisadas no laboratorio.
2) Definirase un proxecto práctico de certa envergadura - relacionado co deseño/implementación/proba dun protocolo, sistema, aplicación ou servizo- para ser desenvolvido en grupo durante todo o cuadrimestre. O traballo será tutelado polos profesores con reunións periódicas cada 10/15 días. (Competencias CB5, CG8, CG3, CG12).
3)Traballarase a lectura, defensa e presentación -ante a clase- das ideas fundamentais que se atopan detrás de certos artigos técnicos relacionados coa temática do curso. (Competencias CB5, CG12).
Foros de discusión Utilizarase unha rede social educativa para fomentar os debates e outras actividades online que impliquen a participación colaborativa e/ou competitiva dos alumnos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000