Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase a quen curse esta materia dous sistemas de avaliación: AVALIACIÓN CONTINUA, que é o método recomendado e ao redor do cal se organizan as actividades docentes, e unha opción de AVALIACIÓN NON CONTINUA, que soamente se recomenda naquelas situacións nas que resulta imposible seguir o sistema recomendado.
AVALIACIÓN CONTINUA A avaliación continua consta das probas que se detallan a continuación: * Prácticas de laboratorio (Peso: 50%) * Proba de resposta curta (Peso: 50%) AVALIACIÓN NON CONTINUA A avaliación non continua consta das probas que se detallan a continuación: * Exame sobre prácticas de laboratorio (Peso: 50%) * Proba de resposta curta (Peso: 50%)
Convocatoria extraordinaria: A persoa que fose avaliada por Avaliación Continua pode optar entre dúas posibilidades o mesmo día do exame: * Realizar de novo a Proba de resposta curta na data oficial asignada polo Centro e ser avaliada segundo o estipulado para o sistema de “AVALIACIÓN CONTINUA”. * Ser avaliada cun único exame final na data oficial asignada polo Centro, segundo o estipulado para o sistema de “AVALIACIÓN NON CONTINUA”. A persoa que NON fose avaliada por Avaliación continua:* Será avaliada cun único exame final na data oficial asignada polo Centro, segundo o estipulado para o sistema de “AVALIACIÓN NON CONTINUA”. |