Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Deseño de Circuitos Electrónicos Analóxicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Outros O estudante deberá realizar un proxecto teórico-práctico que será avaliado tendo en conta os resultados obtidos, a presentación e análise dos mesmos, así como a calidade da memoria final entregada. A nota final do proxecto (NPT: Nota do Proxecto Tutelado) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Neste traballo avaliaranse as competencias A4, A5, A9, A13, A30 e A32. 10
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as competencias adquiridas polo estudante sobre os contidos das prácticas de laboratorio da materia. Para iso, terase en conta o traballo de preparación previa, a asistencia e o traballo desenvolvido durante as sesións no laboratorio. A nota final de prácticas de laboratorio (NPL) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Nestas prácticas avaliaranse as competencias A4, A5, A9, A13, A30 e A32. 30
Probas de tipo test Probas obxectivas, probas de teoría, que se realizarán despois de cada grupo de temas expostos nas sesións maxistrais para avaliar os coñecementos adquiridos polo estudante. A nota final destas probas obxectivas (NPO) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Nestas probas avaliaranse as competencias A4, A5, A9, A13, A30 e A32. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Avaliación continua


Seguindo as directrices propias da titulación e os acordos da comisión académica ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia un sistema de avaliación continua.



Enténdese que os alumnos que realicen unha proba parcial de teoría ou que falten como máximo a 1 sesión de prácticas de laboratorio optan pola
avaliación continua
da materia.




A materia divídese en tres partes: teoría (60%), práctica (30%) e proxecto (10%). As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso académico no que se realizan.

1.a Teoría



Realizaranse 2 probas parciais de teoría (PT) debidamente programadas ao longo do curso. A primeira proba realizarase en horario de teoría e será comunicada aos alumnos con suficiente antelación. A segunda proba realizarase o mesmo día que o exame final que se celebrará na data que estableza a dirección da Escola. As probas non son recuperables, é dicir, que se un estudante non pode asistir o día en que estean programadas o profesor non ten obrigación de repetilas.



Cada proba parcial constará dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. A nota de cada proba parcial de teoría (PT) valorarase de 0 a 10 puntos. A nota das probas ás que falte será de 0 puntos. A nota final de teoría (NFT) será a media aritmética das notas dos parciais:



NFT = (PT1 + PT2)/2



Para superar a parte de teoría será necesario obter polo menos 5 puntos de 10 en cada unha delas. Se se obtivo menos de 5 puntos de 10 na primeira proba parcial, o alumno poderá recuperar dita parte o mesmo día da segunda proba parcial de teoría.

1.b Práctica



Realizaranse 5 sesións de prácticas de laboratorio de 2 horas en grupos de 2 alumnos. A parte práctica cualificarase mediante a avaliación continua de todas as prácticas. Cada unha das 5 prácticas avaliarase unicamente o día da práctica.



Para a valoración da parte práctica terase en conta o traballo de preparación previa, a asistencia e o traballo desenvolvido durante as sesións no laboratorio. Cada práctica valorarase cunha nota (NP) entre 0 e 10 puntos. A nota das prácticas ás que se falte será de 0. A nota final das prácticas (NFP) será a media aritmética das notas das prácticas:



NFP = Suma(NPi)/5; i= 1, 2, ..., 5.


Para superar a parte de práctica será necesario obter na nota final de prácticas polo menos 5 puntos de 10. Para superar a parte de prácticas o alumno só poderá faltar a 1 sesión de laboratorio, e só se se trata dunha falta debidamente xustificada.

1.c Proxecto tutelado



Na primeira sesión de titoría en grupo (horas tipo C) presentaranse todas as actividades a realizar e asignarase o proxecto concreto a cada estudante. O traballo presencial levará a cabo nas restantes sesións de titoría en grupo (horas tipo C).


Para avaliar o proxecto teranse en conta os resultados obtidos, e a calidade da presentación e análise dos mesmos. O proxecto valorarase cunha nota (NPT: Nota do Proxecto Tutelado) de 0 a 10 puntos.


Para superar esta parte a nota final do proxecto tutelado (NPT) terá que ser de polo menos 5 puntos de 10 e o estudante non poderá faltar a máis de 1 sesión. A falta deberá ser debidamente xustificada.

1.d Nota final da materia



Na nota final (NF), a nota de teoría (NFT) terá un peso do 60%, a nota de prácticas (NFP) do 30% e a nota do proxecto tutelado (NPT) do 10%. Para aprobar a materia será imprescindible superar a parte de teoría, a parte práctica e a parte proxecto tutelado. Neste caso a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada parte:



NF = 0,60·NFT + 0,30·NFP + 0,10·NPT




No caso de non superar algunha das partes (NFT < 5 ou NPF < 5 ou NPT < 5), ou de non alcanzar o mínimo de 5 puntos en cada unha das probas parciais de teoría, ou de faltar a máis de 1 sesión de prácticas ou a máis de 1 sesión de proxecto tutelado, a nota final será a obtida coa seguinte expresión:



NF = 0,60·NA + 0,30·NB + 0,10·NC, onde:

NA = 5 -Suma(Ai)/2 sendo Ai = max( {0; 5-PTi} ) para i= 1, 2.



NB = min( {5; NFP} )


NC = min( {5; NPT} )


Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

2. Exame final

Os alumnos que non opten pola avaliación continua poderán presentarse a un exame final que constará dunha serie de actividades avaliables similares ás que se contemplan na avaliación continua. Así, nas datas establecidas pola dirección da Escola para a realización do exame final, os estudantes que non optasen pola avaliación continua deberán realizar unha proba teórica, unha proba práctica no laboratorio, e entregar unha memoria final dun proxecto tutelado previamente asignado.



O exame teórico consistirá en dúas probas que constarán dunha serie de preguntas curtas e/ou de tipo test e/ou resolución de problemas e/ou exercicios. Cada proba (PT) valorarase de 0 a 10 puntos e a nota final de teoría (NFT) será a media aritmética das notas das probas parciais:

NFT = (PT1 + PT2)/2

Para avaliar a parte práctica teranse en conta os resultados obtidos na proba realizada no laboratorio. A parte práctica valorarase de 0 a 10 puntos e a nota final de prácticas (NFP) será a cualificación obtida.

Para avaliar o proxecto tutelado teranse en conta os resultados obtidos, e a calidade da presentación e análise dos mesmos. O proxecto valorarase cunha nota (NPT: Nota do Proxecto Tutelado) de 0 a 10 puntos.



Para aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada unha do tres partes. Neste caso a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada parte:



NF = 0,60·NFT + 0,30·NFP + 0,10·NPG

No caso de non superar algunha das partes (NFT < 5 ou NFP < 5 ou NPT < 5), a nota final será a nota final será a obtida coa seguinte expresión:



NF = 0,60·NA + 0,30·NB + 0,10·NC, onde:

NA = 5 -Suma(Ai)/2 sendo Ai = max( {0; 5-PTi} ) para i= 1, 2.

NB = min( {5; NFP} )


NC = min( {5; NPT} )

Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

3. Segunda oportunidade para superar a materia



Esta oportunidade constará dunha serie de actividades avaliables similares ás que se contemplan na avaliación continua. Terá o mesmo formato que o exame final e celebrarase na data que estableza a dirección da Escola. Para a asignación do proxecto tutelado o estudante debe apuntarse previamente seguindo o procedemento indicado polo profesorado con suficiente antelación.


Aos estudantes que se presenten a esta segunda oportunidade conservaráselles a nota que obtivesen na primeira (avaliación continua ou exame final) nas partes ás que non se presenten. Ademais, nesta ocasión os estudantes só poderán presentarse a aquelas probas que non superasen na primeira oportunidade.



O cálculo da nota final da materia realizarase tal e como se explica no apartado 2.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000