Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  A Enxeñaría de Telecomunicación na Sociedade da Información
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminarios Probas de resposta curta: Nos seminarios valorarase a participación nos debates (cos relatores do seminario Enxeñaría na Sociedade). A avaliación apóiase en probas de resposta curta.

Con estas probas e maila observación avaliaranse as competencias CB3, CG7, CG9, CG13 e CT4.
20 A3
B7
B9
B13
D4
Proxectos Probas prácticas: A realización dos traballos en grupos avaliarase en dous partes: a propia dinámica dos traballos e as presentacións.
Polo traballo en si, recibirán un 25% da nota avaliada ao 50% polo profesor que dirixe o traballo e polo conxunto de profesores da materia.
Pola presentación, recibirán outro 25%, avaliado polos seus compañeiros (avaliación por pares) segundo unha rúbrica que se aprobará antes do comezo dos traballos.

Con estes traballos avaliaranse as competencias CB3, CE15/GT1, CG9 e CT4
50 A3
B9
C15
D4
Sesión maxistral Probas de resposta longa ou desenvolvemento: Haberá 2 probas, de30 minutos de duración, liberatorias das materias dos temas anteriores.

Nestas probas longas avaliaranse as competencias CG7, CG9 e CT3
30 B7
B9
D3
Probas de resposta longa, de desenvolvemento O exame final, en caso de ter que facelo, constará de preguntas de desenvolvemento, nas que o alumno deberá mostrar os coñecementos adquiridos, iniciativa para propor solucións a problemas non necesariamente de telecomunicación, pero tamén terá que expor a súa opinión sobre conflitos de ética profesional, demostrando a súa capacidade para enunciar xuízos de valor sobre situacións que implican á sociedade. 0 A3
B7
B9
B13
C15
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os alumnos poden optar por avaliación continua ou un exame final.

1.-As probas de avaliación continua permiten ao alumno obter unha cualificación final baseada unicamente na súa traxectoria ao longo do curso, e consisten en:

1.1. Dúas probas de resposta longa ou desenvolvemento, cun 15% da nota total cada unha, sumando un 30%.

1.2. Probas de resposta curta nos seminarios, que suman un 20%

1.3. Probas prácticas para a avaliación dos traballos tutelados (25%) e da presentación dos mesmos (25%)

As tarefas de avaliación continua non son recuperables, e só son válidas para o curso actual. Un alumno suponse que optou por avaliación continua cando se presentou a dúas das probas de resposta curta e participou en dúas actividades de debate en seminarios. Un alumno que opta pola avaliación continua considérase que se presentou á materia, independentemente de que se presente ou non ao exame final.

Se un alumno, presentandose a avaliación continua, opta por presentarse tamén ao exame final, a nota final da materia será a media de ambas.

2.- Exame final. Conforme aos regulamentos da Universidade de Vigo, o alumno que o desexe poderá optar ao 100% da nota final mediante un único exame final. O exame final é aquel que se realiza nas datas oficiais marcadas en Xunta de Escola nos meses de Decembro ou Xaneiro (ou Xullo, no caso do exame extraordinario), e ao que deben asistir obligatoriamente aqueles alumnos que non optaron por avaliación continua e desexen aprobar a materia.

O exame final constará dunha proba de desenvolvemento, de dez preguntas, segundo o descrito no apartado de avaliación. Pode preguntarse calquera contido explicado nas clases de aula, seminarios ou presentacións de proxectos.

O exame da convocatoria extraordinaria terá unha estrutura similar ao exame final.

Código ético

Os exames e tests deben ser realizados indovidualmente. Calquera infración considererase como unha falta de ética importante e será comunicada ás autoridades académicas.

Os profesores poderán decidir suspender a un alumno se comete unha falta de ética importante

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000