Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  A Enxeñaría de Telecomunicación na Sociedade da Información
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Observación sistemática: Nos seminarios valorarase a participación nos debates (cos relatores do seminario Enxeñaría na Sociedade, entre os alumnos nas sesións de debate en aula, e na argumentación en Implicacións éticas da Enxeñarí). Poderá apoiarse a avaliación en probas de resposta curta.

Con esta observación avaliaranse as competencias CB3, CG7, CG9, CG13 e CT4.
30
Proxectos A realización dos traballos en grupos avaliarase en dous partes: a propia dinámica dos traballos e as presentacións.
Polo traballo en si, recibirán un 15% da nota avaliada ao 50% polo profesor que dirixe o traballo e polo conxunto de profesores da materia.
Pola presentación, recibirán outro 15%, avaliado polos seus compañeiros (avaliación por pares) segundo unha rúbrica que se aprobará antes do comezo dos traballos.

Con estes traballos avaliaranse as competencias CB3, CE15/GT1, CG9 e CT4
30
Sesión maxistral Probas de resposta curta: Haberá 4 probas, de 5-10 minutos de duración, liberatorias das materias dos temas anteriores.

Nestas probas curtas avaliaranse as competencias CG7, CG9 e CT3
40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento O exame final, en caso de ter que facelo, constará de preguntas de desenvolvemento, nas que o alumno deberá mostrar os coñecementos adquiridos, iniciativa para propor solucións a problemas non necesariamente de telecomunicación, pero tamén terá que expor a súa opinión sobre conflitos de ética profesional, demostrando a súa capacidade para enunciar xuízos de valor sobre situacións que implican á sociedade. 0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As probas de avaliación continua permiten ao alumno obter unha cualificación final baseada unicamente na súa traxectoria ao longo do curso, e consisten en:

1. 4 probas de resposta curta, cun 10% da nota total cada unha, sumando un 40%.

2. Probas de observación sistemática nos seminarios, que suman un 30%

3. Avaliación dos traballos tutelados (15%) e da presentación dos mesmos (15%)

As tarefas de avaliación continua non son recuperables, e só son válidas para o curso actual. Un alumno suponse que optou por avaliación continua cando se presentou a dúas das probas de resposta curta e participou en dúas actividades de debate en seminarios. Un alumno que opta pola avaliación continua considérase que se presentou á materia, independentemente de que se presente ou non ao exame final.

Se un alumno, presentandose a avaliación continua, opta por presentarse tamén ao exame final, a nota final da materia será a media de ambas.

Conforme aos regulamentos da Universidade de Vigo, o alumno que o desexe poderá optar ao 100% da nota final mediante un único exame final. O exame final é aquel que se realiza nas datas oficiais marcadas en Xunta de Escola nos meses de Decembro ou Xaneiro (ou Xullo, no caso do exame extraordinario), e ao que deben asistir obligatoriamente aqueles alumnos que non optaron por avaliación continua e desexen aprobar a materia. O exame final constará dunha proba de desenvolvemento, segundo o descrito no apartado de avaliación.

O exame da convocatoria extraordinaria terá unha estrutura similar ao exame final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000