Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  A Enxeñaría de Telecomunicación na Sociedade da Información
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2016_17
Materia A Enxeñaría de Telecomunicación na Sociedade da Información Código V05M145V01101
Titulación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
5 OB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Cuiñas Gómez, Íñigo
Correo-e inhigo@uvigo.es
Profesorado
Caeiro Rodríguez, Manuel
Cuiñas Gómez, Íñigo
Fernández Iglesias, Manuel José
Mariño Espiñeira, Perfecto
Web http://faitic.uvigo.es
Descrición xeral A materia busca introduucir ao alumno á utilización práctica dos conceptos máis técnicos de Enxeñaría de Telecomunicación para solucionar problemas e ofrecer servizos na sociedade na que vive: preténdese que tome conciencia de que a actividade do enxeñeiro non é un feito illado senón que transforma ao mundo (a pequena e a gran escala). Isto leva a dúas ideas fundamentais:
1) A sociedade, as persoas que a conforman, teñen problemas que poden ser resoltos polos enxeñeiros: a función da Enxeñaría é resolver ou mitigar problemas da sociedade na que se enmarca, non crealos. O xeito como se resolveron situacións no pasado pode axudar a encarar problemas no futuro (historia orientada á acción futura, non á contemplación do pasado).
2) As actividades enxeñarís teñen influencia directa na propia sociedade, en como viven ou en como se relacionan as persoas. De feito, os grandes cambios das últimas décadas estiveron protagonizados directamente por achegas do ámbito da Enxeñaría de Telecomunicación. Esta influencia debe ir acompañada dunha toma de conciencia da responsabilidade ética.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000