Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Teoría de redes e conmutación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización en grupo, presentación e defensa da resolución dun problema característico do mundo real, aplicando tanto os coñecementos teóricos adquiridos como manexando, no seu caso, as ferramentas informáticas empregadas nas clases prácticas. 20 C28
C31
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba final realizada sobre o total dos temas. 60 B5
C28
C31
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumno terá que resolver individualmente dous boletíns de problemas, correspondentes ós dous primeiros temas do temario. 20 C28
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Déixanse a discreción dos alumnos dous métodos de avaliación
alternativos na materia: avaliación continua e avaliación única.

A selección de avaliación continua implica realizar un test curto (15 minutos) non puntuable de coñecementos básicos, a realizar nas dúas primeras semanas de clase. A avaliación continua consistirá, ademais da realización do test curto non puntuable, no desenvolvemento
en grupo dun proxecto, a resolución individual de dous conxuntos de problemas sobre os dous primeiros temas, e a realización dun
exame escrito ó termo
do cuadrimestre sobre o total de temas. A nota individual no proxecto dependerá tanto da cualificación conxunta
da memoria do mesmo como de entrevistas persoais (concertadas a partir
da entrega) ós membros do grupo. A
cualificación do proxecto e dos exercicios só fornece efectos
no curso en que se propoñan,
incluíndo a segunda oportunidade ó final do curso. En calquera
caso, a cualificación na materia por avaliación
continua (unha vez que se cumpra o requisito previo do principio do
parágrafo) virá dada por: ben nota = 0'2 x proxecto + máximo
(0'8 x exame,  0'2 x exercicios + 0'6 x exame) sempre que a cualificación do exame supere o 2'5, ben a nota do exame en caso contrario.

A avaliación única (única opción en convocatoria extraordinaria) consistirá nun exame escrito sobre os
contidos da materia. A cualificación final da materia será,
neste caso, a nota obtida no exame. Este incluirá (avaliación única) unha cuestión ou varias sobre o uso das ferramentas informáticas presentadas no laboratorio, avaliando así unha capacitación mínima na competencia CE28/TEL2.

Consideraranse
presentados á avaliación todos os alumnos que asistan ao exame final. Selecciónase o modo de avaliación continua ó entregar o proxecto. Quen non superen a materia na primeira
oportunidade ó final do cuadrimestre dispoñen dunha segunda
oportunidade ó final do curso, similar  á primeira.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000