Guia docente 2020_21
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Transmisión electromagnética
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas na que o alumnado debe solucionar unha serie de problemas nun tempo e condicións establecidos polo profesorado, aplicando os coñecementos que adquiriu. 75 B3
B4
C9
C13
Exame de preguntas obxectivas Probas de curta duración (ver outros comentarios) 25 B3
B5
C9
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación única ao final do cuadrimestre.

Avaliación continua

A avaliación continua comprende as seguintes tarefas (co seu peso na nota final):

- T1: Exercicios de decibelios (5%).

- T2: Problemas de líñas de transmisión (30%).

- T3: Cuestións/exercicios cortos sobre transmisión guiada (1 hora, 15%).

- T4: Cuestións/exercicios cortos sobre transmisión por radio (30 minutos, 10%).

- T5: Problemas de transmisión por radio (2 horas, 40%).

A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grao (CAG) e estará dispoñible ao principio do cuadrimestre

Estas tarefas non son recuperables, é dicir, se un alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten obrigación de repetirllas e só serán válidas para o curso académico no que se realicen.

Para superar a materia mediante este sistema de avaliación é imprescindible obter un 30% da cualificación máxima de cada un dos seguintes bloques temáticos:

Transmisión Guiada: T1 + T2 + T3.

Transmisión por radio: T4 + T5

Se non se supera o 30% mínimo requerido nalgún dos bloques, a calificación oficial nunca será superior a 4,5.

O estudante deberá decidir se opta pola avaliación continua no momento da entrega da primeira proba de resolución de problemas; nese caso, e sempre que supere o mínimo mencionado, recibirá a calificación que lle corresponda ao sumar as notas das diferentes tarefas de evaluación continua,  independentemente de que se presente ao resto de probas ou non. Non presentarse a esta proba implica que se opta pola avaliación única. 

Avaliación única

Ademais do sistema de avaliación continua descrito anteriormente, o alumno pode optar por realizar un único exame final que terá dúas partes:

  • Primeira parte: cuestións/exercicios cortos (30%).
  • Segunda parte: resolución de problemas (70%).
Segunda oportunidade

Consistirán nun exame final con dúas partes como as descritas no apartado de avaliación única.

Os estudantes que optaron polo sistema de avaliación continua poderán conservar se o desexan a nota dun dos bloques temáticos (transmisión guiada ou transmisión por radio) sempre que haxan superado o mínimo esixido.

Convocatoria extraordinaria (fin de carreira)

Aplicarase o sistema descrito no apartado de avaliación única.

Copia

En caso de detectarse a algún estudante copiando ou non respectando as instrucións dalgunha das probas de avaliación, instaráselle a abandonar a aula/laboratorio, a cualificación final será de SUSPENSO (0 puntos), e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos. 


Para superar a materia é necesario obter en calquera dos sistemas de avaliación e convocatorias, polo menos, un 50% na cualificación total.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000