Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Programación de sistemas intelixentes
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Os alumnos realizarán unha práctica de laboratorio coa plataforma de desenvolvemento JADE onde se traballará cos conceptos estudados nas clases teóricas.

Nestas prácticas avaliaranse as competencias: A95, A3, A4.
35 B3
B4
B9
C86
D2
D3
Debate As discusións feitas ao longo das clases relacionadas con exposicions feitas previamente.

Estas discusións avalían as competencias: A3, A4
5 B3
B4
B9
C86
D2
D3
D4
Foros de discusión Interacción e respostas curtas feitas individualmente por estudantes dentro da plataforma de TEMA para falar de temas relacionados coa asignatura.

Este foro avalía as competencias: A3, A4
5 B3
C86
D2
D3
D4
Traballo tutelado Avaliación dos traballos desenvolvidos: comprensión, madurez, relevancia e orixinalidade do traballo e interacción entre o grupo.

Nestes traballos avaliaranse as competencias: A3, A4, A9.
25 B3
B4
B9
C86
D2
D3
D4
Probas de tipo test Tres test de avaliación sucesivos (semanas 4, 7 e 10) para o contido parcial da materia impartida ata ese momento. O test serán individuais e de tempo limitado.

Estas probas avaliarán as competencias: A3.
30 B3
B4
C86
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os elementos que forman parte da avaliación da materia son os seguintes:

Cuestionarios: ao longo do curso realizaranse 3 cuestionarios que achegarán un 10% da nota final (cada un).

Práctica de laboratorio: cada alumno deberá realizar unha práctica proposta no laboratorio que achegará un 35% da nota final.

Traballo tutorizado en grupo: cada alumno deberá realizar un traballo en grupo sobre diversos temas propostos que achegará un 25% (20% traballo realizado e 5% presentación) da nota final, compartida por todos os membros do grupo. Non obstante, os profesores farán un seguimento do traballo realizado por cada membro do grupo en tamén farán unha revisión por pares. No caso de que un estudiante participase de forma significativa en menor medida no traballo do grupo evaluarase de forma individual (ver nota*).

Participación en clase: os estudiantes participarán e discutirán sobre as exposiciones realizadas por o profesor e esto contribuirá ata un 5% a nota final.

Participación no foro: os estudiantes deben participar no foro da asignatura, de forma individual, e esto contribuirá ata un 5% a nota final. Para obter dito porcentaxe débense proporcionar, como mínimo, dúas contribucions relevantes.

Así temos: Cuestionarios (3x10 = 30%) + Práctica de lab. (30%) + Traballo en grupo (30%) + Discusions en clase (5%) + Foro (5%) = 100%.

Os estudiantes deben obter o menos 4 puntos sobre 10 na nota dos cuestionarios, a práctica e o traballo en grupo para poder calcular a nota media final. Si calqueira das notas é inferior a 4, entón a notal final non poderá superar 4 puntos sobre 10.

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación ao final do cuadrimestre.

Avaliación continua (EC): o estudante segue a avaliación continua desde o momento en que se presenta a dous cuestionarios da materia. Un alumno que opta pola avaliación continua considérase que se presentou á materia, independentemente de que se presente ou non ao exame final.

Avaliación ao final do cuadrimestre: o alumno deberá realizar un exame teórico que substitúe aos cuestionarios realizados ao longo do curso, ademais de entregar as prácticas e os traballos equivalentes aos que se realizaron como parte da EC.

Recuperación ao final do curso: o alumno deberá realizar a parte que non superase. No caso de non superar os cuestionarios deberá realizar un exame equivalente.

A asignatura evaluarase en inglés, aunque os estudiantes teñen a posibilidade de interactuar en castelan cos profesores en todo momento.

Os traballos e tarefas prácticas propostas e realizadas neste curso non son recuperables e só son válidas para o curso actual.


*NOTA: Traballo Tutorizado en Grupo Multidisciplinar (Opcional)

Neste curso 2017/18, e como parte de un proxecto de innovación docente, algúns estudiantes terán a posibilidade de unirse a grupos multidisciplinares (GMD) que estarán formados por alumnos das tres materias seguintes: (1)Videoxogos: Deseño e desenvolvemento, 4º curso, Grao en Comunicación Audiovisual. (2)Tecnoloxía multimedia e Computer graphics, 4ºcurso, Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, módulo de Son e Imaxe. (3)Programación de sistemas intelixentes, 4º curso, Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, módulo de Telemática. A actividade está coordinada por profesores do Grupo de Innovación Docente: ComTecArt (Comunicación, Tecnoloxía e Arte en Contornas Virtuais).

As actividades e tarefas a realizar polos estudiantes desta asignatura no GMD estarán relacionadas co uso de técnicas de intelixencia artificial en videoxogos. Os estudiantes que se unan a estos traballos multidisciplinares non participarán no resto dos grupos C de esta asignatura. Ademáis, cada GMD só aceptará un estudiante de esta asignatura, polo que éste será evaluado de forma individual.

A participación nos GMD é opcional, e se hay más peticiones que plazas; enton os estudiantes serán ordenados y seleccionados de acordó coa nota global do grado, proporcionada pola Secretaría da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.

Haberá sesións de traballo en grupo durante as mañás dos Mércores, alternándose entre os Campus de Vigo e Pontevedra. A Universidade proporcionará transporte gratuíto de ida e volta desde a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación ou a Facultade de Ciencias Sociais e a Comunicación, respectivamente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000