Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Servizos multimedia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Os alumnos, organizados en grupos de 2-3 persoas (segundo o
criterio do profesor), deberán desenvolver un proxecto vinculado
ao dominio da TV dixital por difusión ou á transmisión de vídeo sobre redes IP. O devandito proxecto incluirá o código e a documentación necesaria para xustificar as decisións de deseño e os criterios considerados no desenvolvemento da solución proposta.

Dado que cada membro do grupo deberá identificar que parte do proxecto desenvolveu, a nota de cada alumno (ata un máximo de 2,5 puntos) asignarase individualmente en función dos seguintes criterios: (i) a calidade da memoria presentada na que se documente a dita parte, e (ii) a relevancia e utilidade das funcionalidades ofrecidas nela.
25 B3
B6
D3
Prácticas en aulas informáticas Os alumnos, organizados por parellas, entregarán un informe no que documenten a solución proposta para unha primeira práctica no laboratorio que tratará sobre os formatos de codificación empregados na transmisión da información multimedia sobre redes telemáticas. No caso de ser necesario, incluiranse tamén o software usado no desenvolvemento da solución proposta. 10 B3
C84
Prácticas en aulas informáticas Os alumnos, organizados en parellas, entregarán un informe no que documenten convenientemente a solución proposta para a segunda das prácticas propostas no laboratorio (clases tipo B), que versará sobre a difusión de Televisión Dixital. A citada solución deberá incluír o código utilizado no desenvolvemento da práctica, así como unha xustificación razoada de cada decisión de deseño e implantación. 20 B3
B6
C84
Presentación Os alumnos, organizados en parellas (segundo o criterio do profesor) presentarán as principals decisións do deseño e os detalles da implantación do proxecto proposto nas clases tipo C. Cada alumno debe identificar a parte do traballo desenvolvida, facendo unha proba de funcionamento en tempo real.

A nota de cada membro do grupo (ata 1,5 puntos) dependerá dos seguintes criterios: (i) relevancia da contribución do alumno ó proxecto global, (ii) complexidade de dita contribución e (iii) desempeño durante a exhibición dos contidos descritos na presentación.
15 B3
B6
D3
Exame de preguntas obxectivas Cada alumno deberá realizar, individualmente e sen material de apoio, un exame de tipo test no que validará o seu nivel de entendemento sobre os conceptos teóricos das materias tratados nas sesións maxistrais. Este exame levarase a cabo na data oficial aprobada pola Xunta de Escola. Non se permitirá ningún tipo de material de apoio.
30 B3
B6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As clases impartiranse en castelá aínda que todo o material da materia estará dispoñible en inglés.

Existen dúas modalidades na avaliación da materia: avaliación continua (AC) e avaliación única (AU). En calquera dos dous esquemas, o alumno superará a materia se consegue polo menos 5 puntos (sobre un total de 10).

Os alumnos deberán elixir unha das dúas modalidades tendo en conta as seguintes restricións:

  • A AC inclúe as 5 probas descritas anteriormente.
  • Mediante a entrega da primeira práctica de laboratorio, os alumnos comprométense a seguir a AC e renuncian á AU. Desde ese momento, estes estudantes non poderán figurar como "Non presentados".
  • Os alumnos que non entreguen esa primeira práctica de laboratorio renuncian á AC, de modo que serán avaliados mediante o mecanismo de AU. Non existe a posibilidade de sumarse á AC nas seguintes probas intermedias. 
  • A planificación das diferentes probas de avaliación intermedia aprobarase nunha Comisión Académica de Grado (CAG) e estará dispoñible ó principio do cuatrimestre. 
  • As probas de AC non serán en ningún caso recuperables, e non poderán repetirse fóra das datas estipuladas polos docentes.
  • Non se gardarán cualificacións (de probas de AC nin de proxectos prácticos ou exames finais) dun curso a outro.
  • A AC se aplicará na primeira oportunidade para superar a materia (ao final do cuadrimestre). Na segunda oportunidade e na convocatoria extraordinaria (fin de carreira) rexe unicamente o mecanismo de AU. 
  • No caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), a cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito comunicaráselle á dirección do Centro para os efectos oportunos.
Os alumnos que participen na AC na primeira oportunidade serán avaliados como segue: 
  • A AC supón o 100% da nota final do alumno e consiste en 5 probas descritas previamente (un exame de tipo test realizado na data oficial fixada pola Xunta de Escola, entrega individual de dúas prácticas de laboratorio, entrega do software e documentación dun proxecto práctico, e exposición pública das principais decisións de deseño e a implantación do devandito proxecto, incluíndo a demostración do seu funcionamento). Nótese que o alumno opta pola AC no momento no que entrega a primeira práctica de laboratorio.

















Os alumnos que opten pola AU na primeira oportunidade serán avaliados como segue:

  • Exame final que se realizará na data oficial fixada para ese efecto pola Xunta de Escola. O devandito exame incluirá preguntas de resposta curta ou de tipo test, ademáis de problemas ou casos de uso que deberá analizar e resolver o alumnado. Esta proba suporá o 50% da cualificación final. Non se permitirá ningún material de apoio.
  • Entrega dun proxecto no que se incluirá software e documentación para xustificar cada decisión de deseño e a implantación considerados no desenvolvemento da solución proposta. O proxecto suporá o 50% da cualificación final. O proxecto desenvolverase de forma individual.

Os alumnos que non superen a materia o final do cuadrimestre terán unha segunda oportunidade ao final do curso na que non se aplicará o mecanismo de AC, de modo que todos os estudantes serán avaliados mediante o esquema de AU descrito anteriormente (50% exame final na data oficial aprobada pola Xunta de Escola + 50% proxecto entregado individualmente na data publicada a través de faiTIC). O mesmo mecanismo de avaliación aplicarase na convocatoria extraordinaria (fin de carreira).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000