Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Servizos multimedia
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Presentacións/exposicións Os alumnos, organizados en grupos de 2 ou 3 persoas (segundo o criterio do profesor), exporán no laboratorio as principais decisións de deseño e detalles da implementación do proxecto proposto nas clases de grupo C, e amosarán ademáis o seu funcionamento en tempo real. O obxectivo é discutir as ventaxas e limitacións de cada modelo, fomentando o debate sobre a proposta de cada grupo.

Mediante esta metodología avaliaranse as competencias CG3, CG6 e CT3.
Proxectos Os alumnos, organizados en grupos de 2 ou 3 persoas (segundo o criterio do profesor), implementarán o proxecto proposto nas clases de grupos C. O obxectivo é promover a discusión colectiva co fin de identificar os puntos clave que deberán traballarse no deseño e implementación de cada proxecto. Os alumnos combinarán o traballo presencial no laboratorio co traballo individual.

Mediante esta metodoloxía avaliaranse as competencias CG3, CG6 e CT3.
Prácticas en aulas de informática No laboratorio, o profesor exporá prácticas nas que se abordarán os principais conceptos da materia, facendo especial fincapé nos formatos de codificación empregados na transmisión de información multimedia. As dúbidas xurdidas durante o traballo autónomo dos alumnos no laboratorio permitirán fomentar o debate do grupo a fin de acordar a mellor forma de resolver cada problema exposto.

Mediante esta metodoloxía avaliaranse as competencias CE84 e CG3.
Prácticas en aulas de informática No laboratorio, o profesor exporá prácticas nas que se abordarán os principais conceptos da materia, facendo especial fincapé nas posibles aplicacións no campo da TV Dixital Terrestre e a Televisión IP. As dúbidas xurdidas durante o traballo autónomo dos alumnos no laboratorio permitirán fomentar o debate do grupo a fin de acordar a mellor forma de resolver cada problema exposto.

Esta metodoloxía docente permitirá avaliar as competencias CE84, CG3 e CG6.
Sesión maxistral Clases nas que se explicarán os principais conceptos da materia, propondo exemplos e escenarios de aplicación dos mesmos.

Esta metodoloxía docente permitirá avaliar as competencias CG3 e CG6.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000