Tipos e valoración de actividades:
- Realización de traballos tutelados: entregarase 1 traballo aproximadamente na semana 6 e un segundo traballo a semana 11, que contarán cun 30 % da nota final.
- Informes/memorias de prácticas (Peso: 30 %).
- Proba de resposta curta e pequenos exercicios (Peso:40 % sobre a nota final): ao final do cuadrimestre.
A nota final obtida correspóndese á suma da puntuación obtida en todas as actividades realizadas, cos pesos indicados. Para aprobar, débese obter, polo menos, 4 puntos en cada actividade, e 5 puntos na devandita nota final nunha escala de 0 a 10 puntos.
O exame final, a realizar no mes de xullo, constará de unha proba de resposta curta e pequenos exercicios. Quen optase por avaliación continua poderá presentarse poderá presentarse a este exame só no caso de suspender na primeira convocatoria.
AVALIACIÓN NON CONTINUA
Quen non asine o documento de compromiso enténdese que será
avaliada/o a través dun único exame final na data oficial asignada
polo Centro. Este exame final será cualificado entre 0 e 10 puntos e
incluirá os contidos tratados en todas as actividades (incluídas as prácticas e o traballo en grupo desenvolvido durante a materia), de forma que se demostre que adquiríronse as mesmas competencias que quen optase pola
avaliación continua.
Para aprobar, debe obterse, polo menos, cinco puntos.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA:
Quen fose avaliado por Avaliación Continua poderá optar por:
- Realizar de novo a proba escrita, conservando as cualificacións obtidas nas actividades realizadas de avaliación contínua, cos pesos comentados anteriormente.
- Ser avaliada/o cun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final será cualificado entre
0 e 10 puntos. Inclúe todos os temas da materia. Para aprobar, o alumno debe obter, polo menos, cinco puntos. Non se valora ningunha outra actividade realizada.
Quen NON fose avaliado por Avaliación Continua: será avaliada/o cun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final será cualificado entre
0 e 10 puntos. Inclúe todos os temas da materia. Para aprobar debe obterse, polo menos, cinco puntos. Non
se valora ningunha outra actividade realizada.