Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Técnicas de medida de ruído e lexislación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados Resenrolo de traballos prácticos tutelados, de deseño básico con recollida de memoria final. 30 B2
B5
B7
B8
C78
C79
Probas de resposta curta Examen escrito, con preguntas breves, sobre os contidos teóricos da materia. 40 B2
B5
B7
C78
C79
Informes/memorias de prácticas Recollida de informes e cuestións sobre as prácticas realizadas. 30 B2
B5
B7
C78
C79
 
Outros comentarios sobre a Avaliación



Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos estudantes que cursen esta materia dous sistemas de avaliación:
avaliación continua e avaliación non continua (ao final do cuadrimestre), que soamente se recomenda naquelas situacións nas que resulta imposible seguir o sistema recomendado.

IDIOMA: Os alumnos poderán escoller o idioma no que desexan ser evaluados (Inglés ou Castelán).

AVALIACIÓN CONTINUA

A avaliación continua consta das probas que se detallan a continuación
nesta guía. Enténdese que se opta pola avaliación continua unha vez asinouse o documento de compromiso que se lle
ofrecerá durante as semanas 1-2, de forma que se poida comezar o
traballo nos grupos correspondentes. Unha vez asinado, entenderase
que a/o alumna/o se presentou á convocatoria e asignaráselle a
cualificación que resulte da aplicación do criterio que se detalla a continuación
con independencia de que se presente ou non ao exame final.

Tipos e valoración de actividades:

  1. Realización de traballos tutelados: entregarase 1 traballo aproximadamente na semana 6 e un segundo traballo a semana 11, que contarán cun 30 % da nota final.
  2. Informes/memorias de prácticas (Peso: 30 %).
  3. Proba de resposta curta e pequenos exercicios (Peso:40 % sobre a nota final): ao final do cuadrimestre.
A nota final obtida correspóndese á suma da puntuación obtida en todas as actividades realizadas, cos pesos indicados. Para aprobar, débese obter, polo menos, 4 puntos en cada actividade, e 5 puntos na devandita nota final nunha escala de 0 a 10 puntos.

O exame final, a realizar no mes de xullo, constará de unha proba de resposta curta e pequenos exercicios. Quen optase por avaliación continua poderá presentarse poderá presentarse a este exame só no caso de suspender na primeira convocatoria.


AVALIACIÓN NON CONTINUA


Quen non asine o documento de compromiso enténdese que será
avaliada/o a través dun único exame final na data oficial asignada
polo Centro. Este exame final será cualificado entre 0 e 10 puntos e
incluirá os contidos tratados en todas as actividades (incluídas as prácticas e o traballo en grupo desenvolvido durante a materia), de forma que se demostre que adquiríronse as mesmas competencias que quen optase pola
avaliación continua.

Para aprobar, debe obterse, polo menos, cinco puntos.


CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA:

Quen fose avaliado por Avaliación Continua poderá optar por:

  1. Realizar de novo a proba escrita, conservando as cualificacións obtidas nas actividades realizadas de avaliación contínua, cos pesos comentados anteriormente.
  2. Ser avaliada/o cun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final será cualificado entre
    0 e 10 puntos. Inclúe todos os temas da materia. Para aprobar, o alumno debe obter, polo menos, cinco puntos. Non se valora ningunha outra actividade realizada.
Quen NON fose avaliado por Avaliación Continua: será avaliada/o cun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final será cualificado entre
0 e 10 puntos. Inclúe todos os temas da materia. Para aprobar debe obterse, polo menos, cinco puntos. Non
se valora ningunha outra actividade realizada.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000