Tipos e valoración de actividades:
- Realización de traballos tutelados: entregarase 1 traballo aproximadamente na semana 6 e un segundo traballo a semana 11, que contarán cun 30 % da nota final.
- Informes/memorias de prácticas (Peso: 30 %).
- Proba 1 de resposta curta e pequenos exercicios (Peso:20 % sobre a nota final): aproximadamente na semana 5.
- Proba 2 de resposta curta e pequenos exercicios. (Peso 20 % sobre a nota final): ao final do cuadrimestre.
A nota final obtida correspóndese á suma da puntuación obtida en todas as actividades realizadas, cos pesos indicados. Para aprobar,
o alumno debe obter, polo menos, 4 puntos en cada actividade, e 5 puntos na devandita nota final nunha escala de 0 a 10 puntos.
O exame final constará de dous partes, correspondentes coa proba 1 e proba 2. Quen optase por avaliación continua poderá presentarse a calquera das partes ou á totalidade do exame, ben para superala ou para subir nota. A nota final obtida corresponderase á máxima cualificación obtida entre a avaliación contínua e a obtida no exame final.
Unha vez obtido o aprobado en primeira convocatoria, a cualificación obtida considerarase definitiva sen opción a subir nota en segunda convocatoria (mes de Xullo).
AVALIACIÓN NON CONTINUA
Se o alumno non asina o documento de compromiso enténdese que será
avaliado a través dun único exame final na data oficial asignada
polo Centro. Este exame final será cualificado entre 0 e 10 puntos e
incluirá os contidos tratados en todas as actividades (incluídas as prácticas e o traballo en grupo desenvolvido durante a materia), de forma que se demostre que o alumno adquiriu
as mesmas competencias que os alumnos que optasen pola
avaliación continua.
Para aprobar, debe obterse, polo menos, cinco puntos.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA:
O estudante que fose avaliado por Avaliación Continua poderá optar por:
- Realizar de novo as probas escritas, proba 1 e 2, conservando as cualificacións obtidas nas actividades realizadas de avaliación contínua, cos pesos comentados anteriormente.
- Ser avaliado cun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final será cualificado entre
0 e 10 puntos. Inclúe todos os temas da materia. Para aprobar, o alumno debe obter, polo menos, cinco puntos. Non se valora ningunha outra actividade realizada.
O alumno que NON fose avaliado por Avaliación Continua: Será avaliado cun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final será cualificado entre
0 e 10 puntos. Inclúe todos os temas da materia. Para aprobar debe obterse, polo menos, cinco puntos. Non
se valora ningunha outra actividade realizada.