Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Tecnoloxía multimedia e computer graphics
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Son probas nas que se fan preguntas sobre os temas desenvolvidos nas Clases Maxistrais. Eles fan o estudo en grupo e coa técnica do quebracabezas. Daquela un alumno aleatorio de cada grupo fai a proba e a súa nota aplica a todo o grupo. Esta proba será distinta para aqueles alumnos que non sigan a Avaliación Continua. 25 B3
C74
Prácticas en aulas de informática Pola importancia que ten Unity 3D no desenvolvemento dos contidos desta materia, na quinta semana de clase faise un pequeno exame individual de manexo de Unity 3D. 10 C74
Traballos tutelados Estes traballos realízanse coa supervisión do profesor. Pero tamén coa 'supervisión cruzada' que fan os propios alumnos durante os tempos de traballo simultáneo na aula de prácticas.
A avaliación sae da autoavaliación e avaliación cruzada entre grupos.
A nota individual correspondente a estes traballos en grupo obtense como unha suma ponderada de: 1) a nota de grupo; 2) unha ou varias das seguintes contribucións: avaliación cruzada por parte dos demais integrantes do grupo, preguntas orais durante as presentacións dos traballos, preguntas escritas sobre o contido dos traballos.
40 B12
C74
D3
D4
Presentacións/exposicións Avaliarase tanto a calidade do traballo realizado, como a calidade da presentación. Para que esta avaliación fágana os propios alumnos (autoavaliacións e avaliacións cruzadas) facilítaselles unha Rúbrica na que se detalla a forma de realizar as valoracións dos diferentes aspectos.
Logo de cada presentación os demais grupos deben facer unha ou varias preguntas ao grupo que expón. A calidade das preguntas e das respostas é usada polo profesor para matizar as notas de cada alumno.
25 B9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O idioma de impartición é o castelán ou o galego de maneira indistinta. Tamén usamos cursos almacenados na rede que están fundamentalmente en inglés.

Esta materia está pensada para ser cursada polo método de AVALIACIÓN CONTINUA e con asistencia a todas as clases. A aprendizaxe faise día a día e clase a clase.

O exame para os alumnos que opten pola AVALIACIÓN NON CONTINUA constará de duas partes, de igual peso na nota final:

- unha
parte escrita que incluirá como contidos posibles toda a materia,

- e unha parte oral relativa aos traballos adicionais que previamente
tería que presentar.

Para aprobar deben obterse, polo menos, 4
puntos en cada parte e 5 puntos na nota final.

O material usado nas clases, proxectos, etc. poderase atopar en FAITIC onde se irá subindo simultaneamente co desenvolvemento das clases. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000