Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Tecnoloxía multimedia e computer graphics
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Presentacións/exposicións Ao facer varias presentacións ao longo do curso, cada presentación é unha ocasión para que o profesor poida facer notar a toda a clase aqueles aspectos que son deficientes. Esta é unha forma moi inclusiva de que todos aprendan cos fallos de todos.
Sesión maxistral Os descansos das clases maxistrais son un momento perfecto que algúns alumnos aproveitan para consultar dúbidas co profesor. Se esta require mais tempo concértase unha cita para unha tutoría no despacho do profesor.
Prácticas en aulas de informática Nas clases de prácticas é un bo momento para poder consultar dúbidas co profesor. O profesor móvese entre as mesas e algúns alumnos aproveitan para consultar dúbidas da propia clase ou dúbidas puntuais doutras clases.
Traballos tutelados Os traballos tutelados son o fío condutor do curso. Realízanse en parte nas clases de prácticas e en parte na casa. Os alumnos de cada equipo consultan as súas dúbidas acerca do proxecto e o profesor está con eles axudándolles a definilo e dándolles soporte para desenvolver o seu proxecto particular.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000