Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Procesado e análise de imaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Cada parte da materia ten conceptos teóricos que explicanse en clase. Os conceptos avalíanse a través de estos tests, formalmente enlazados á entrega de cada tarefa guiada. Estos tests teñen o cometido de calificar cada estudante individualmente. Axudan a avaliar as ocompetencias xerais CG10 e CG12, e a competencia específica CE73.
Os conceptos explicanse en clase e también de forma individual a través da plataforma de e-learning e / ou as horas de tutoría.
20 B10
B12
C73
Informe de prácticas Cada parte da materia aprendes a través dunha tarefa guiada de forma práctica. A maior parte do tempo do profesor dedícase a analizar, tanto en grupo e individualmente, a forma de ir paso a paso a través do proceso de construcción dunha solución. A puntuación da tarea guiada inclue: o seguemento de cada estudante, as técnicas utilizadas, os resultados obtidos, a calidade do informe e la presentación oral da última. Estas tareas guiadas axudan a avaliar as competencias xerais CG4 e CG9, a competencia específica CE73 e as competencias transversais CT2 e CT4. 80 B4
B9
C73
D2
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O idioma de imaprtición e avaliación é inglés.

A asistencia a clase  na avaliación continua é obrigatoria, salvo circunstancias excepcionais. A avaliación continua está basada nos tests de preguntas curtas, os traballos dos casos de estudio e a presentación. 

Existe unha primeira oportunidade de exame final na data oficial, ao que deben presentarse aqueles alumnos que non superasen a avaliación continua e desexen aprobar a materia. Este exame final será cualificado entre 0 e 10 puntos e inclúe todos os temas da materia xunto con conceptos e técnicas explicados globalmente para os casos de estudio. Para aprobar, o alumno debe obter, polo menos, cinco puntos. 

A entrega de calquera traballo tutelado ou test suporá a participación oficial na avaliación continua, o cal implica presentarse á materia aínda que non se realice o exame final.

A avaliación continua consta das seguintes partes:

Traballo 1: Asociado ao tema de análise de imaxes (25%). 20% polo traballo e 5% polo test.

Traballo 2: Asociado aos temas de clasificación + análise (25%). 20% polo traballo e 5% polo test.

Traballo 3: Asociado a todos os temas (40%). 30% polo traballo e 10% polo test.

Presentación pública do traballo 3 (10%).

Haberá unha segunda oportunidade de exame final ó fin de curso e consistirá nun exame para aqueles alumnos que non superasen nin a avaliación continua nin o exame final na primeira oportunidade. A nota da materia será a nota do exame final na segunda oportunidade. Este exame final  será cualificado entre 0 e 10 puntos, e inclúe todos os temas da materia. Para aprobar, o alumno debe obter, polo menos, cinco puntos. O mesmo aplica a calquera oportunidade posterior, incluida a extraordinaria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000