Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Deseño de aplicacións con microcontroladores
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Aprendizaxe baseado en proxectos Os alumnos/as terán que entregar unha memoria por grupo que corresponda ó proxecto asignado. O profesor/a valorará ademáis o traballo individual de cada alumno durante as horas presenciais. Avalíanse as competencias CE58 e CE59. 30 C58
C59
Probas de resposta curta Proba do primeiro parcial de teoría, realizado na aula. Avalíase a competencia CE58. 25 C58
Probas de resposta curta Proba do segundo parcial de teoría. Avalíase a competencia CE58. 25 C58
Práctica de laboratorio Proba práctica única de tarefas reais e/ou simuladas. Realízase no laboratorio. Está relacionada cas prácticas de laboratorio realizadas. Os alumnos/as deberán realizar montaxes reais ou simuladas e contestar preguntas sobre elas. Avalíanse as competencias CE58 e CE59. 20 C58
C59
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA:

A materia avalíase de forma continua, mediante dúas probas parciais que tratan os aspectos teóricos, a elaboración dun proxecto e un exame único de prácticas de laboratorio. A docencia impártese en castelán e en galego. O enunciado das probas será en castelán.

O primeiro parcial é liberatorio. Para superar un exame parcial, sexa o primeiro ou o segundo, requírese obter unha puntuación de 5 puntos sobre 10. O conxunto dos exames teóricos teñen un peso do 50% no total da materia.

Ó rematar o cuadrimestre, os alumnos/as que teñan superado o primeiro parcial examinaranse soamente dos contidos do segundo parcial que terá lugar na data e hora fixada pola Escola.

Cando un alumno/a realiza o primeiro exame parcial considérase que opta pola opción de avaliación continua e, a partires dese momento, constará como presentado na convocatoria.

As prácticas do laboratorio avalíanse mediante un único exame de prácticas, con un peso na cualificación final do 20%. Este exame único de prácticas terá lugar no laboratorio, coincidindo coa última sesión de prácticas.

A cualificación obtida no exame único de prácticas, mantense para o exame da segunda oportunidade, salvo que o alumno/a renuncie a mantelo.

Os proxectos avalíanse baseándose na memoria que os alumnos/as entregan ó finalizar a materia (60%) e á valoración por parte do profesor do traballo individual desenvolvido nas sesións presenciais (40%). O peso sobre a nota final é dun 30%.

Para aprobar a materia é necesario superar unha cualificación do 50% do máximo de cada proba e do proxecto.

Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación global (CG) mínima de 5 sobre 10. A cualificación global obtense mediante a fórmula:

CG = 0,5 * CT + 0,2*CP + 0,3*CP (1)

CT = nota de teoría, CP = nota de prácticas, CP = nota do proxecto.

No caso de non superar algunha das probas ou o proxecto a cualificación (CG2) obtense mediante a fórmula:

CG2= Mínimo{4.5, CG}

Donde CG obtense de aplicar a fórmula (1)

Segunda Oportunidade: ten o mesmo formato ca primeira oportunidade, os alumnos/as deben repetir os dous exames e a entrega do proxecto.

AVALIACIÓN ÚNICA (E CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA):

Os alumnos/as que non participen na avaliación continua, avalliaranse mediante un exame final, que será o mesmo que terán que superar os alumnos/as de avaliación continua que non superaron o primeiro parcial.

A avaliación da parte práctica da materia realízase mediante un exame de prácticas no laboratorio, durante o período dos exames finais. A duración do exame será de 2 horas. O peso da cualificación do exame de prácticas sobre a cualificación global é do 50%.

Para aprobar a materia é necesario superar unha cualificación do 50% do máximo de cada proba.

Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación CG de polo menos 5, na seguinte fórmula:

CG = 0,5 * CT + 0,5*CP  (2)

CT = nota de teoría, CP = nota de prácticas.

No caso de non superar algunha das probas, a cualificación (CG2) obtense mediante a fórmula:

CG2= Mínimo{4,5, CG}

Donde CG obtense de aplicar a fórmula (2)

NOTA IMPORTANTE:

Os alumnos/as que non participen no proceso de avaliación continua, e desexen optar pola avaliación única, deben inscribirse para poder asistir, contactando co profesorado da materia, persoalmente ou mediante correo electrónico, con ó menos dúas semanas de antelación ó exame. Deste modo, facilítase a planificación dos grupos de exame no laboratorio.

Segunda Oportunidade: ten o mesmo formato ca primeira oportunidade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000