AVALIACIÓN CONTINUA: A materia avalíase de forma continua, mediante dúas probas parciais que tratan os aspectos teóricos e un exame único de prácticas de laboratorio. A docencia impártese en castelán e galego. O enunciado das probas será en castelán. O primeiro parcial é liberatorio e terá unha duración aproximada de 90 minutos. Celebrarase aproximadamente na séptima sesión de aula. O conxunto dos exames teóricos teñen un peso do 50% no total da materia. Para superar un exame parcial, sexa o primeiro ou o segundo, requírese obter unha puntuación de 5 puntos sobre 10. Ó rematar o cuadrimestre, os alumnos que teñan superado o primeiro parcial examinaranse soamente dos contidos do segundo parcial que terá lugar na data e hora fixada pola Escola. Cando un alumno realiza o primeiro exame parcial considérase que opta pola opción de avaliación contínua e, a partires dese momento, constará como presentado na convocatoria. As prácticas do laboratorio avalíanse mediante un único exame de prácticas, con un peso na cualificación final do 30%. Este exame único de prácticas terá lugar no laboratorio, coincidindo coa última sesión de prácticas. A cualificación obtida no exame único de prácticas, mantense para o exame da convocatoria de Xullo, salvo que o alumno renuncie a mantelo. Os traballos tutelados avalíanse en base á memoria que os alumnos entregan ó finalizar a materia (60%) e á valoración por parte do profesor do traballo individual desenrolado nas sesións presenciais (40%). O peso sobre a nota final é dun 20%. Para aprobar a materia é necesario superar unha calificación do 50% do máximo de cada proba e do traballo tutelado. Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación global (CG) mínima de 5 sobre 10. A cualificación global obtense mediante a fórmula: CG = 0,5 * CT + 0,3*CP + 0,2*CTT (1) CT = nota de teoría, CP = nota de prácticas, CTT = nota do traballo tutelado. No caso de non superar algunha das probas ou traballo tutelado a calificación (CG2) obtense mediante a fórmula: CG2= Mínimo{4.5, CG} Donde CG obtense de aplicar a fórmula (1) EXAMEN FINAL: Os alumnos que non participen na avaliación continua, serán avaliados mediante un exame final, que será o mesmo que terán que superar os alumnos de avaliación continua que non superaron o primeiro parcial. A avaliación das prácticas realízase mediante un exame de prácticas no laboratorio, durante o período dos exames finais. A duración do exame será de 2 horas. O peso da cualificación do exame de prácticas sobre a cualificación global é do 50%. Para aprobar a materia é necesario superar unha calificación do 50% do máximo de cada proba. Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación CG de ó menos 5, na seguinte fórmula: CG = 0,5 * CT + 0,5*CP (2) CT = nota de teoría, CP = nota de prácticas. No caso de non superar algunha das probas a calificación (CG2) obtense mediante a fórmula: CG2= Mínimo{4.5, CG} Donde CG obtense de aplicar a fórmula (2) NOTA IMPORTANTE: Os alumnos que non participen no proceso de avaliación continua, e desexen presentarse ó exame final, deben inscribirse para poder asistir, contactando cos profesores da materia, persoalmente ou mediante correo electrónico, con ó menos dúas semanas de antelación ó exame. Deste modo, facilítase a planificación dos grupos de exame no laboratorio. CONVOCATORIA EXTRAORIDNARIA: As probas correspondentes á convocatoria extraodinaria (Xuño-Xullo) teñen a mesma estructura que para o exame final. |