Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Deseño de aplicacións con microcontroladores
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados Os alumnos terán que entregar unha memoria por grupo que corresponda ó proxecto asignado. O profesor valorará ademáis o traballo individual do alumno durante as horas presenciais. Evalúanse as competencias CE58 e CE59. 20 C58
C59
Probas de resposta curta Proba do primeiro parcial de teoría, realizado na aula. Evalúase a competencia CE58. 25 C58
Probas de resposta curta Proba do segundo parcial de teoría. Evalúase a competencia CE58. 25 C58
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Proba práctica única de tarefas reais e/ou simuladas. Realízase no laboratorio. Está relacionada cas prácticas realizadas. Os alumnos deberán realizar montaxes reais ou simulados e contestar preguntas sobre elas. Evalúanse as competencias CE58 e CE59. 30 C58
C59
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA:

A materia avalíase de forma continua, mediante dúas probas parciais que tratan os aspectos teóricos e un exame único de prácticas de laboratorio. A docencia impártese en castelán e galego. O enunciado das probas será en castelán.

O primeiro parcial é liberatorio e terá unha duración aproximada de 90 minutos. Celebrarase aproximadamente na séptima sesión de aula. O conxunto dos exames teóricos teñen un peso do 50% no total da materia.

Para superar un exame parcial, sexa o primeiro ou o segundo, requírese obter unha puntuación de 5 puntos sobre 10.

Ó rematar o cuadrimestre, os alumnos que teñan superado o primeiro parcial examinaranse soamente dos contidos do segundo parcial que terá lugar na data e hora fixada pola Escola.

Cando un alumno realiza o primeiro exame parcial considérase que opta pola opción de avaliación contínua e, a partires dese momento, constará como presentado na convocatoria.

As prácticas do laboratorio avalíanse mediante un único exame de prácticas, con un peso na cualificación final do 30%. Este exame único de prácticas terá lugar no laboratorio, coincidindo coa última sesión de prácticas.

A cualificación obtida no exame único de prácticas, mantense para o exame da convocatoria de Xullo, salvo que o alumno renuncie a mantelo.

Os traballos tutelados avalíanse en base á memoria que os alumnos entregan ó finalizar a materia (70%) e á valoración por parte do profesor do traballo individual desenrolado nas sesións presenciais (30%). O peso sobre a nota final é dun 20%.

Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación global (CG) mínima de 5 sobre 10. A cualificación global obtense mediante a fórmula:

CG = 0,5 * CT + 0,3*CP + 0,2*CTT

CT = nota de teoría, CP = nota de prácticas, CTT = nota do traballo tutelado.

EXAMEN FINAL:

Os alumnos que non participen na avaliación continua, serán avaliados mediante un exame final, que será o mesmo que terán que superar os alumnos de avaliación continua que non superaron o primeiro parcial.

A avaliación das prácticas realízase mediante un exame de prácticas no laboratorio, durante o período dos exames finais. A duración do exame será de 2 horas. O peso da cualificación do exame de prácticas sobre a cualificación global é do 50%.

Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación CG de ó menos 5, na seguinte fórmula:

CG = 0,5 * CT + 0,5*CP

CT = nota de teoría, CP = nota de prácticas.

NOTA IMPORTANTE:

Os alumnos que non participen no proceso de avaliación continua, e desexen presentarse ó exame final, deben inscribirse para poder asistir, contactando cos profesores da materia, persoalmente ou mediante correo electrónico, con ó menos dúas semanas de antelación ó exame. Deste modo, facilítase a planificación dos grupos de exame no laboratorio.

CONVOCATORIA EXTRAORIDNARIA:

As probas correspondentes á convocatoria extraodinaria (Xuño-Xullo) teñen a mesma estructura que para o exame final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000