Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Sistemas de navegación e comunicacións por satélite
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas en aulas de informática Os alumnos realizan prácticas de laboratorio nas que traballan cos conceptos abordados nas clases teóricas.
Nestas prácticas avaliaranse as competencias A76, A77, A3 e A4
40
Prácticas de laboratorio Cada estudante realizará prácticas de campo. A avaliación se realizará por medio dun informe.

Avaliaranse as competencias A76, A77, A3 e A4.
10
Traballos tutelados Avaliación dos traballos desenvolvidos: comprensión, madurez, relevancia e orixinalidade do traballo e interacción entre o grupo.

Nestos traballos avaliaranse as competencias A76, A77, A3 e A4
5
Probas de resposta curta Un exame final para avaliar os contidos presentados nas clases teóricas. O exame será individual e de duración limitada.

Nestas probas avaliaranse as competencias A76, A77, A2, A3 e A4
45
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao comezo do curso o alumno debe escoller o método de avaliación: exame final ou avaliación continua.

Toda a documentación do curso realizarase en inglés, así como as presentacións.

A avaliación de informes e prácticas realizarase igualmente en inglés.

O último exame pódese responder en inglés, galego ou castelán.

A materia será avaliada a través dun dos seguintes mecanismos:

Exame final:

O exame incluirá preguntas e problemas relacionados cos contidos explicados tanto nas sesións maxistrais, nas prácticas en aulas de informática e nas prácticas de laboratorio. Será necesario para aprobar o exame obter un 5 sobre 10.

Avaliación continua (os estudantes que escollan este método non poderán presentarse ao exame final na primeira convocatoria). A materia será avaliada ao longo de todo o curso:

Prácticas en aulas de informática: cada estudante realizará diferentes prácticas. A súa avaliación terá un peso dun 40% na nota final.

Traballos tutorizados: cada estudante realizará en diferentes traballos tutorizados que se proporán ao longo do curso. A súa avaliación realizarase a través da corrección das memorias correspondentes e esta parte terá un peso dun 5% na nota final.

Prácticas de laboratorio: cada estudante realizará diferentes prácticas de laboratorio. A súa avaliación realizarase a través da corrección das memorias correspondentes e esta parte terá un peso dun 10% na nota final.

Proba de resposta curta: este exame será a última proba da avaliación continua, e terá un peso do 45% da nota final.

Exame de recuperación: o estudante realizará un exame que incluirá cuestións e/ou problemas relacionados cos contidos impartidos nas sesións maxistrais, as prácticas nas aulas de informática, as prácticas de laboratorio e os traballos tutorizados (100% da nota final). Opcionalmente, os alumnos poderán realizar unicamente un exame parcial sobre a materia impartida nas sesións maxistrais (45% da nota final).

Os traballos e tarefas prácticas propostas e realizadas este curso non son recuperables e só son válidas para o curso actual.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000