Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Laboratorio de proxectos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Proxectos Unha porción da nota final basearase en:

1. Recomendacións dos titores.

Para un seguimento adecuado do desenvolvemento de proxecto, os profesores poden solicitar diferentes tipos de evidencias, orais e/ou escritas, incluindo informes parciais e/ou finais. Cada parella de titores entregará unha recomendación xustificada aos membros do comité avaliador sobre a metodoloxía de traballo do equipo e o rendemento dos seus membros na consecución dos obxectivos do proxecto.
Aquí serán avaliadas as competencias A1, A6, A7, A8, B2, B3, A63, A64, A65, A66.

2. Avaliación por pares. Terase en conta a avaliación dos compañeiros de equipo para complementar a información da competencia A9.
65
Presentacións/exposicións Unha porción da nota final basearase na avaliación do tribunal realizada durante os LPRO DAYS. A asistencia a estas xornadas finais será obligatoria para todos os alumnos, que deben enviar con tres días de antelación un resumo executivo do proxecto para axudar a avaliar o traballo. Os membros do comité de avaliación serán os profesores dos ECTS tipo A da asignatura, sempre que non estean implicados na supervisión de ningún proxecto. Noutro caso, naqueles proxectos en conflicto se requerirá a axuda dalgún outro profesor da asignatura.
Aquí serán avaliadas as competencias A1, A7, A9 e B3.
<br><br><br>Aínda que se espera que a calificación sexa similar para todos os membros do grupo, pode haber excepcións para alumnos que non estean á altura dos seus compañeiros e non contribúan axeitadamente ao esforzo colectivo. Igualmente poden levar unha nota máis alta aqueles alumnos que destaquen polo seu rendemento.
35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As presentacións finais poderán realizarse en galego,
español ou inglés. Aqueles grupos que non consigan a nota mínima para aprobar a
asignatura terán algunhas semáns
adicionais ata a data da segunda
convocatoria para defender o seu proxecto de novo. Se o rendemento dun
estudante dado é inferior ao dos seus compañeiros, e como resultado non supera
a asignatura, deberá mostrar na segunda convocatoria un dominio completo do
proxecto desenvolvido polo seu grupo, xunto con suficientes contribucións
adicionais de seu.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000