Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Laboratorio de proxectos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Algunhas pistas prácticas en habilidades como presentación oral e escrita e traballo en equipo. Con esta metodoloxía traballanse as competencias CT1, CT2 e CT4.
Traballos de aula Revisión da marcha dos proxectos, con presentacións curtas e discusións. Con esta metodoloxía traballanse as competencias CG9, CG11 e CG12.
Proxectos Isto é o núcleo do curso: o equipo de estudantes ten que abordar un proxecto, ben proposto por eles ou ben proposto por dous profesores. Durante a duración da asignatura os compoñentes do equipo deberán cooperar para acadar os obxectivos do proxecto; como supervisión contarán cunha hora semanal cos dous ou alomenos un dos titores. Tódolos membros do grupo teñen que ser capaces de defender o seu proxecto ao final do curso tanto nunha presentación oral coma nunha sesión de pósteres. Con esta metodoloxía traballanse as competencias CG1, CG4, CG6, CG7, CG8, CG9, CG11, CG12, CE54, CE55, CE56 e CE57.
Presentacións/exposicións Cada equipo ten que defender o seu proxecto nunha presentación oral final e nunha sesión de pósteres. A presentación pode ser feita por un ou máis membros do equipo, e ten que incluír
evidencias que ilustren o traballo realizado e os resultados acadados. Ao final da
presentación todos os membros teñen que estar dispoñíbeis para o turno de preguntas. A sesión de pósteres require a presenza de tódolos membros do equipo. Con alomenos tres días de antelación deberá enviarse un resumo do traballo realizado ao comité avaliador. Con esta metodoloxía traballanse as competencias CG9 e CG12.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000