Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Laboratorio de proxectos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Algunhas pistas prácticas en habilidades como presentación oral e escrita e traballo en equipo.
Traballos de aula Revisión da marcha dos proxectos, con presentacións curtas e discusións.
Proxectos Isto é o núcleo do curso: o equipo de estudantes ten que abordar un proxecto inicialmente proposto por dous profesores. Durante a duración da asignatura os compoñentes do equipo deberán cooperar para acadar os obxectivos do proxecto; como supervisión contarán cunha hora semanal cos dous ou alomenos un dos titores. Tódolos membros do grupo teñen que ser capaces de defender o seu proxecto ao final do curso tanto nunha presentación oral coma nunha sesión de pósteres.
Presentacións/exposicións Cada equipo ten que defender o seu proxecto nunha presentación oral final e nunha sesión de pósteres. A presentación pode ser feita por un ou máis membros do equipo, e ten que incluír
evidencias que ilustren o traballo realizado e os resultados acadados. Ao final da
presentación todos os membros teñen que estar dispoñíbeis para o turno de preguntas. A sesión de pósteres require a presenza de tódolos membros do equipo. Con alomenos tres días de antelación deberá enviarse un resumo executivo ao comité avaliador.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000