Guia docente 2013_14
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Arquitecturas e servizos telemáticos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Proxectos Cada grupo de traballo entregará o proxecto da materia durante a penúltima semana do período docente. A entrega constará do deseño final, o código e a documentación xerada explicativa da implementación. Que o código entregado poida ser compilado e executado nos equipos dos laboratorios docentes é requisito necesario para superar esta avaliación. Os docentes valorarán en igual proporción o funcionamento do código entregado mediante unha batería de probas e o deseño utilizado para a implementación. 15
Presentacións/exposicións Cada grupo de traballo xustificará nunha presentación a solución adoptada no seu proxecto. A presentación realizarase a última semana do perídodo docente cos profesores da materia. 5
Probas de resposta curta Aproximadamente na semana 6 do período docente, cada alumno realizará individualmente unha proba no aula. Esta proba conxugará habilidades prácticas e a resolución de cuestións de resposta breve. 10
Estudo de casos/análise de situacións Os alumnos, organizados en grupos, haberán de entregar o deseño do proxecto da materia. Entregarase aproximadamente na semana 10 do período docente. 10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Esta proba terá lugar a última semana do período docente. De forma individual cada alumno realizará un exercicio que demostre a súa competencia do uso das tecnoloxías da materia nunha contorna práctica. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame escrito e individual, realizado na data indicada no calendario oficial de exames. A proba será unha combinación dos seguintes tipos de preguntas: resolución de problemas, cuestións breves para resolver aplicando os conceptos teóricos explicados en clase, xustificar razonadamente si unha ou varias afirmacións son verdadeiras ou falsas, pequenos tests sobre aspectos teóricos e de aplicación. Non se permite a utilización de apuntes, libros nin coleccións de problemas. O número e a combinación de devanditas preguntas fixarase para cada exame en particular. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da
materia poderá seguir a canle de avaliación continua ou ben un exame final.

AVALIACIÓN CONTINUA

A AVALIACIÓN
CONTINUA consiste nos apartados mencionados previamente. O alumno opta pola
avaliación continua na semana 7, tras o primeiro puntuable da materia.
Momento no que se crean os grupos de traballo para o desenvolvemento do proxecto
da materia, a partir dese momento a súa nota nunca poderá ser "non
presentado".

A puntuación máxima de cada unha das actividades en evaluación continua é a seguinte:

  • Proba escrita individual (calendario oficial): Máximo 5 puntos.
  • Proba intermedia: Máximo 1 punto.
  • Deseño do proyecto: Máximo 1 punto.
  • Activiades relacionadas coa implementación do proxecto: Máximo 5 puntos. (Inclúe entrega do proxecto, presentación en grupo e proba práctica individual).

Para a superación da materia o alumno debe obter un mínimo de 2 puntos na "Proba Escrita Individual" e unha puntuación total (resultante da suma das actividades puntuables) superior a 5 puntos. A nota máxima será de 10 puntos.

EXAME FINAL

A avaliación
mediante un EXAME FINAL constará das seguinte partes (as probas non
poderán ser recuperables):

1. Un exame
escrito na aula (cuxa descrición coincide coa proba 5 da avaliación
continua). O resultado deste exame suporá
ata un máximo de 5 puntos e requirirase unha puntuación mínima de 2,5
puntos.

2. A
realización dun proxecto individual que deberá ser entregado a última semana de docencia.
Este constará de deseño, o código e a documentación xerada explicativa da implementación. Que o código entregado poida ser compilado e executado nos
equipos dos laboratorios docentes é requisito necesario para superar esta avaliación.
Os docentes valorarán a partes iguais o funcionamento do código
entregado mediante unha batería de probas e o deseño utilizado para a implementación. A avaliación desta proba suporá ata un máximo de 2 puntos.

3. A
realización dun exame práctico na aula informática, cuxa descrición
coincide coa proba 4 de avaliación continua. A avaliación desta
proba suporá ata un máximo de 3 puntos  e requirirase unha
puntuación mínima de 1,5 puntos.

En calquera caso, a materia considerarase
superada se o alumno obtén as cualificacións mínimas tanto no exame escrito como no exame práctico e unha puntuación total (resultado da suma dss obtidas nos apartados 1, 2 y 3)  igual ou
superior a  5 puntos.

AVALIACIÓN FIN DE CURSO

Para a avaliación FIN DE CURSO,  non rexe a avaliación continua,
polo que todos os alumnos acolleranse á
modalidade de exame final tal e como se describiu anteriormente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000