A avaliación da
materia poderá seguir a canle de avaliación continua ou ben un exame final. AVALIACIÓN CONTINUA A AVALIACIÓN
CONTINUA consiste nos apartados mencionados previamente. O alumno opta pola
avaliación continua na semana 7, tras o primeiro puntuable da materia.
Momento no que se crean os grupos de traballo para o desenvolvemento do proxecto
da materia, a partir dese momento a súa nota nunca poderá ser "non
presentado". A puntuación máxima de cada unha das actividades en evaluación continua é a seguinte: - Proba escrita individual (calendario oficial): Máximo 5 puntos.
- Proba intermedia: Máximo 1 punto.
- Deseño do proyecto: Máximo 1 punto.
- Activiades relacionadas coa implementación do proxecto: Máximo 5 puntos. (Inclúe entrega do proxecto, presentación en grupo e proba práctica individual).
Para a superación da materia o alumno debe obter un mínimo de 2 puntos na "Proba Escrita Individual" e unha puntuación total (resultante da suma das actividades puntuables) superior a 5 puntos. A nota máxima será de 10 puntos. EXAME FINAL A avaliación
mediante un EXAME FINAL constará das seguinte partes (as probas non
poderán ser recuperables): 1. Un exame
escrito na aula (cuxa descrición coincide coa proba 5 da avaliación
continua). O resultado deste exame suporá
ata un máximo de 5 puntos e requirirase unha puntuación mínima de 2,5
puntos. 2. A
realización dun proxecto individual que deberá ser entregado a última semana de docencia.
Este constará de deseño, o código e a documentación xerada explicativa da implementación. Que o código entregado poida ser compilado e executado nos
equipos dos laboratorios docentes é requisito necesario para superar esta avaliación.
Os docentes valorarán a partes iguais o funcionamento do código
entregado mediante unha batería de probas e o deseño utilizado para a implementación. A avaliación desta proba suporá ata un máximo de 2 puntos. 3. A
realización dun exame práctico na aula informática, cuxa descrición
coincide coa proba 4 de avaliación continua. A avaliación desta
proba suporá ata un máximo de 3 puntos e requirirase unha
puntuación mínima de 1,5 puntos. En calquera caso, a materia considerarase
superada se o alumno obtén as cualificacións mínimas tanto no exame escrito como no exame práctico e unha puntuación total (resultado da suma dss obtidas nos apartados 1, 2 y 3) igual ou
superior a 5 puntos. AVALIACIÓN FIN DE CURSO
Para a avaliación FIN DE CURSO, non rexe a avaliación continua,
polo que todos os alumnos acolleranse á
modalidade de exame final tal e como se describiu anteriormente. |