Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Acústica arquitectónica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos tutelados Resenrolo de traballos prácticos tutelados, de deseño básico con recollida de memoria final.
Mediante a realización destes traballos avalíanse as competencias relacionadas coa realización de medicións e a realización de proxectos.
35 C36
C37
Prácticas en aulas de informática Recollida dos resultados das prácticas o remate do turno.
Avaliación dos aspectos máis prácticos (saber facer) relacionados coas competencias CG2 e CG5.
15 B2
B5
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito de avaliación, coa realización de problemas
Avaliación da competencia CG5, Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, tasacións...No ámbito da acústica arquitectónica, especialente no apartado referente á capacidade de realizar cálculos.
25 B5
Probas de resposta curta Exame escrito, con preguntas breves, sobre os contidos teóricos da materia.
Avaliación da competencia, CG2 Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria relacionada co ámbito da acústica arquitectónica, especialmente no apartado de coñecemento da lexislación no ámbito da materia.
25 B2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia dous sistemas de evaluación: avaliación continua e avaliación non continua (ao final do cuatrimestre),que soamente se recomenda naquelas situacións nas que resulta imposible seguir o sistema recomendado.

AVALIACIÓN CONTINUA

Para optar ao sistema de avaliación contínua, o alumno deber asistir a un mínimo do 80% das actividades programadas na materia. A avaliación  continua consta das probas que se detallan a continuación nesta guía. Enténdese que o alumno opta pola avaliación continua unha vez firme o documento de compromiso que se lle ofrecerá durante as semanas 1-2, de forma que se poida comezar o traballo nos grupos correspondentes. Unha vez asinado, entenderase que o alumno presentouse á convocatoria e asignaráselle a cualificación que resulte da aplicación do criterio que se detalla a continuación con independencia de que se presente ou non ao exame final.

Tipos e valoración de actividades:

  1. Realización de traballos tutelados: se entragarán 3 traballos nas datas estipuladas ao principio de curso, aproximadamente nas semanas 5, 9 e 14. (cada traballo contará cun peso do 10 % sobre a nota final, cun peso total do 35 %).

  2. Informes/memorias de prácticas (Peso: 15 %)

  3. Proba 1 de resposta curta  (Peso:25 %): aproximadamente na semana 6.

  4. Proba 2 de problemas e exercicios (Peso: 25 %): proba que consistirá na resolución de exercicios prácticos.

Os traballos tutelados desenvólvense en grupos. A determinación da nota
individual de cada compoñente do grupo realizarase mediante os
resultados de enquisas de avaliación cruzada entre os integrantes do
grupo. A nota final ponderarase segundo os resultados da avaliación. A
nota mínima necesaria para considerar que a contribución dun alumno ao
traballo do grupo é satisfactoria será de 2 sobre 5 puntos.

O
alumno debe demostrar a destreza suficiente en todas as competencias
avaliadas. Para iso debe obter polo menos 4 puntos de 10 en cada unha das
competencias avaliadas. A nota final obtida correspóndese á
suma ponderada cos pesos indicados nas avaliacións realizadas.
Para aprobar, o alumno debe obter polo menos cinco puntos na devandita nota
final.

A segunda proba realizarase con antelación ao exame
final. O exame final constará de dous partes, correspondentes coas
dúas probas escritas. O alumno que opte por avaliación continua, poderá
presentarse para subir nota á totalidade do exame final ou a aquela
proba na que desexe subir nota. Adicionalmente, os alumnos que
teñan menos de 4 puntos ou desexen subir nota nalgunha das partes
prácticas, deberán entregar na data do exame final aqueles traballos
adicionais que lles encargue o profesorado.

Unha vez obtido o aprobado  en primeira convocatoria, a cualificación obtida considerarase definitiva sen opción a subir nota en segunda convocatoria (mes de Xullo).

AVALIACIÓN NON CONTINUA

Si o alumno non asina o documento de compromiso enténdese que será avaliado a través dun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final será cualificado entre 0 e 10 puntos e incluirá os contidos tratados en todas as actividades, ademais dunha serie de preguntas adicionais relacionadas co traballo en grupo dentro dun proxecto, de forma que se demostre que o alumno adquiriu as mesmas competencias que os alumnos que opten pola avaliación continua.

Para aprobar, o alumno debe obter, polo menos, cinco puntos.

Convocatoria extraordinaria:

⇒ O alumno que sexa avaliado por Avaliación Continua poderá optar por:

  1. Realizar de novo as probas escritas, proba 1 e 2, conservando as cualificacións obtidas nas actividades realizadas de avaliación contínua, cos pesos comentados anteriormente. No caso de manter cualificacións menores de catro puntos nas tarefas prácticas, deberá presentar aqueles traballos que lle sexan requeridos polo profesorado da materia. 

  2. Ser evaluado cun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final será cualificado entre 0 e 10 puntos. Inclúe todos os temas da asignatura. Para aprobar, o alumno debe obter, polo menos, cinco
    puntos. Non se valora ningunha outra actividade realizada.

⇒ O alumno que NON sexa evaluado por Avaliación Continua:
Será avaliado cun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final será cualificado entre 0 e 10 puntos. Inclúe todos os temas da asignatura. Para aprobar, o alumno debe obter, polo menos, cinco puntos. Non se valora ningunha outra actividade realizada.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000