Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Procesado de son
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado A avaliación do traballo en equipo realizarase a través da recollida de evidencias e/ou probas de coñecementos durante a súa realización, tanto a nivel de grupo como persoal, a entrega dunha memoria cos resultados e unha presentación e/ou proba de coñecementos sobre o traballo realizado. Na súa valoración terase en conta o traballo realizado e a comprensión dos conceptos a nivel de grupo e a nivel persoal.
A entrega do informe final destes traballos será en torno á semana 13 do cuadrimestre. A data definitiva será comunicada ao alumno ao comezo do mesmo. Para aprobar a materia será necesario obter unha nota mínima no traballo tutelado tal e como se describe no apartado de "Outros comentarios e avaliación de Xullo".
50 B4
B6
C34
C38
D2
Probas de resposta curta Exame final onde se lle preguntan ao alumno diversas cuestións de acordo cos contidos impartidos na materia. Non se fará ningunha distinción entre os diversos contidos impartidos, independentemente da metodoloxía empregada (sesións maxistrais, prácticas,...). Para aprobar a materia será necesario obter unha nota mínima no exame tal e como se describe no apartado de "Outros comentarios e avaliación de Xullo".
50 B4
B6
C34
C37
C38
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O método de avaliación proposto anteriormente aplicarase aos alumnos que se decidan polo procedemento,
recomendado, de avaliación continua (A.C.). Con obxecto de non prexudicar aos seus posibles compañeiros de grupo, o alumno terase que decidir nun breve prazo que lle indicará o profesor, contemplándose a título orientativo as dúas primeiras
semanas de clase do cuadrimestre. Unha vez seleccionado o método de A.C. o alumno considerarase presentado a efectos da avaliación. No caso de alumnos que opten por realizar unicamente o exame final, este suporá un 100% da nota. No entanto, estes alumnos terán que responder a unha serie de preguntas adicionais relacionadas cos traballos tutelados que demostren que adquiriron as mesmas competencias que os alumnos que opten por A.C.

Na  avaliación de Xullo realizarase unicamente un exame final, aínda que o alumno que realice a A.C. poderá
optar por manter a nota obtida no traballo tutelado, en lugar de resolver as cuestións relacionadas con dito traballo. En convocatoria extraordinaria (fin de carreira ) procederase de forma análoga ao caso de non seguir A.C. 

Para aprobar será necesario obter unha nota final igual ou superior a un 5 (nunha escala de 0 a 10) e unha nota igual ou superior a un 4 (na mesma escala) tanto no traballo tutelado como no exame final. A nota individual do traballo tutelado obterase como a suma das notas de dúas probas individuais (30% da nota do traballo tutelado) e da nota obtida en conxunto polo grupo (70%), se ben esta última ponderarase en función dos resultados das avaliacións cruzadas e a valoración do profesor sobre a contribución do alumno ao traballo en grupo. Normalmente o factor de ponderación será de 1, reservándose
os valores menores a 1 para os alumnos que entorpezan o funcionamento do grupo
ou amosen unha deficiente participación ou comprensión nas tarefas do traballo tutelado.
Así mesmo, o profesor poderá premiar a aqueles alumnos que destaquen
notablemente pola súa contribución ao traballo do grupo cun factor de
ponderación de ata 1.2, especialmente se xurdiron imprevistos no funcionamento do grupo. Se, por causa xustificada, un alumno non poidese realizar algunha das probas individuais correspondentes ao traballo tutelado, poderá recuperala respondendo algunha cuestión adicional na primeira oportunidade de exame final  (ou na segunda de non presentarse por causa xustificada ao exame).

No caso en que o alumno non teña nota de traballo tutelado, ou renuncie a ela na segunda oportunidade de exame final, a nota obtida no grupo de cuestións do exame relativas ao traballo tutelado considerarase como a nota de traballo tutelado e a nota obtida no grupo de cuestións restantes como a nota do exame final. A nota final obterase como a suma das notas do traballo tutelado e do exame final que cheguen a un 4, e dividindo o resultado da suma por dous. No caso en que non se chegue ao 4 nas dúas partes, a nota final será de 4 como máximo. De non acadar un 4 en ningunha das partes, a nota final será a menor das notas obtidas dividida entre dous.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000