Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Electrónica de potencia
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio avaliaranse de maneira continua (sesión a sesión) tendo en conta a súa preparación previa e a execución no laboratorio. 10 C43
C44
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Semanalmente, o profesorado da materia encargará ao alumnado a execución de tarefas e a entrega do seu informe de execución. 10 C43
C44
Resolución de problemas e/ou exercicios Haberá dúas probas parciais que incluirán exercicios e problemas ligados aos conceptos teóricos e ás prácticas de laboratorio. 80 C43
C44
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para su avaliación, cada alumno deberá optar entre avaliación continua ou avaliación por exame final.

1. Avaliación continua

A avaliación continua realizarase mediante a execución de varias tarefas semanais, a preparación e execución das prácticas de laboratorio, e a realización de dúas probas de avaliación
parcial.

1.1 Tarefas semanais

Semanalmente, o profesorado da materia encargará
ao alumnado a execución de varias tarefas e a entrega dun informe de execución. Pola realización das tarefas e a entrega dos informes o alumnado poderá obter ata o 10% da
cualificación da materia. As cualificacións das tarefas semanais serán válidas só para o curso académico no que se realicen.

1.2 Prácticas de laboratorio

Ao longo do cuadrimestre os alumnos realizarán catro sesións de prácticas de laboratorio en grupos de dous. Por cada sesión os membros do grupo obterán unha nota individual que avaliará tanto a preparación previa como a execución no laboratorio. As sesións sen asistencia serán puntuadas cun cero. A nota final das prácticas de laboratorio será a media das notas das catro sesións. Pola correcta preparación e execución de tódalas prácticas de laboratorio o alumnado poderá obter
ata o 10% da
cualificación da materia. As cualificacións das prácticas de laboratorio serán válidas unicamente no curso académico no que se realicen ademais do curso inmediatamente seguinte.

1.2 Probas de avaliación parcial

Realizaranse dúas probas escritas de avaliación
parcial.
Estas probas non se poderán recuperar, é dicir, que se un
alumno non pode asistir a unha delas os profesores non
teñen a obriga de repetilas. As cualificacións das probas parciais
serán válidas só para o curso académico en que se realicen. Considerarase que
un alumno opta pola avaliación continua e renuncia a avaliación por exame final no momento en que se presenta á primeira probas
parcial.

  1. Primeira proba parcial: avaliaranse os coñecementos
    do alumnado dos contidos impartidos ata
    a data da proba. O alumnado poderá obter nesta proba ata o 40% da
    cualificación da materia. Esta proba realizarase, aproximadamente, na oitava semana do cuadrimestre.
  2. Segunda proba parcial: avaliaranse os coñecementos relativos aos contidos da
    materia que non foron incluídos na primeira proba parcial. O alumnado poderá obter nesta proba ata o 40% da
    cualificación da materia. A data e lugar para a realización desta proba coincidirán co establecido para o exame final da materia pola
    dirección do centro no calendario de exames.

2. Avaliación por exame final

O exame final consta de preguntas teóricas, problemas e exercicios que abranguerán contidos da
materia, tanto teóricos como prácticos. O alumnado poderá obter nesta proba ata o 100% da
cualificación da materia. A data e lugar para a realización desta proba serán os que estableza a dirección do centro no calendario de exames.

3. Exame extraordinario (xuño-xullo)

O exame extraordinario consta de preguntas teóricas, problemas e exercicios que
avaliarán os coñecementos do alumno relativos aos contidos da
materia, tanto teóricos como prácticos. O alumnado poderá obter nesta proba ata o 100% da
cualificación da materia. A data e lugar para a realización desta proba
serán os que estableza a dirección do centro no calendario de exames.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000