Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Deseño microelectrónico
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Proxectos Cada grupo de alumnos deberá entregar un informe detallado do proxecto que levou a cabo, con indicación expresa da contribución de cada un deles ao conxunto, así como da metodoloxía que seguiron para o reparto e coordinación das tarefas. A avaliación dos traballos basearase nos seguintes aspectos:
- Análise de alternativas
- Correcta realización e comprobación do deseño
- Compactación do deseño
- Utilización das estratexias adecuadas para minimizar os efectos das imperfeccións do proceso de fabricación e para garantir unha boa coincidencia das características eléctricas dos conxuntos de compoñentes ou dispositivos que así o requiran por motivos funcionais.
- Aspectos formais: claridade e orde, inclusión de figuras e datos adecuados e relevantes, así como de explicacións pertinentes, concretas e completas.O informe deberá entregarse polo menos dous días antes da presentación pública do mesmo.
Para superar a materia, será necesario que o grupo ao que pertence o alumno obteña polo menos unha cualificación de 5 sobre 10 no informe.

Nestes proxectos avaliaranse as competencias CE43, CG6, CG9, CG13 e CT4
15 B6
B9
B13
C43
D4
Presentacións/exposicións Cada alumno deberá realizar unha exposición pública individual da parte do proxecto que levou a cabo persoalmente (incluíndo as tarefas de planificación ou coordinación se procede). As presentacións dos alumnos pertencentes a cada grupo levaranse a cabo na última sesión presencial do devandito grupo, de 1 hora de duración. Cada alumno disporá de 5 minutos para a súa presentación. Ao final das presentacións, os alumnos someteranse ás preguntas do profesorado e dos outros alumnos do grupo, que deben asistir á totalidade da sesión. A avaliación basearase tanto no contido e os aspectos formais da presentación realizada como nas respostas ás preguntas suscitadas. Poderase así mesmo valorar positivamente a aqueles alumnos que realicen preguntas pertinentes. Dita valoración engadiríase á que obteñan da súa propia exposición persoal. Para superar a materia, é necesario obter polo menos unha cualificación de 5 sobre 10 na presentación pública.

Nestas presentacións avaliaranse as competencias CE43, CG6, CG9 e CT4
15 B6
B9
C43
D4
Probas de resposta curta Como parte da avaliación continua, realizarase a mediados de curso unha proba individual escrita, de 1 hora (durante unha das sesións maxistrais) correspondente aos contidos das sesións maxistrais ata o momento. A súa realización marcará o límite temporal para que os alumnos opten ou non por avaliación continua. Todos aqueles que a realicen entenderase que optan por avaliación continua. Os restantes deberán indicar explicitamente a súa opción, entendéndose a falta de notificación como renuncia a avaliación continua. A proba consistirá nun conxunto de preguntas de resposta ciurta, cun peso na calificación final da asignatura do 20%.
Na data do exame final realizarase outra proba individual escrita (con idéntica estructura e valoración) correspondente ós mesmos contidos), de 1 hora de duración, obrigatoria para alumnos que non opten por avaliación continua. Para alumnos en avaliación continua a proba será voluntaria. Aos alumnos que se presenten voluntariamente substituiráselles a cualificación da primeira proba pola que obteñan nesta.
Tamén na data do exame final, realizarase unha segunda proba individual escrita (obrigatoria para todos os alumnos), de 1 hora de duración, correspondente ós contidos das sesións maxistrais non cubertos na primeira proba. Esta proba estará dividida en dúas partes.A primeira delas consistirá nun conxunto de preguntas de resposta curta, cun peso na calificación final da materia do 5%.
Para superar a materia será necesario obter polo menos unha cualificación de 4 sobre 10 en cada unha das dúas probas (a segunda constará tamén de resolución de problemas e/ou exercicios).
Nestas probas avaliaranse as competencias CE42 e CE43
25 C42
C43
Resolución de problemas e/ou exercicios Na data do exame final, realizarase unha segunda proba individual escrita (obrigatoria para todos os alumnos), de 1 hora de duración, correspondente ós contidos das sesións maxistrais non cubertos na primeira proba. Esta proba estará dividida en dúas partes.A segunda delas consistirá na resolución de problemas e/ou exercicios, cun peso na calificación final da materia do 15%.
Para superar a materia será necesario obter polo menos unha cualificación de 4 sobre 10 nesta proba (que constará tamén de preguntas de resposta curta).
Nesta proba avaliaranse as competencias CE42 e CE43
15 C42
C43
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Todos os alumnos, opten ou non por avaliación continua, deberán realizar as tarefas da práctica 2e entregar un informe cos resultados e conclusións obtidos, antes da celebración da última sesión práctica. Este traballo e o informe suporán un 15% da calificación final da materia.
Como parte da avaliación continua, na última sesión práctica realizarase unha proba individual, de 1 hora de duración, para a que se utilizará a ferramenta de deseño de circuítos integrados. Na data do exame final realizarase outra proba deste tipo, de 1 hora de duración, para os alumnos que non opten por avaliación continua. Os alumnos en avaliación continua poderán presentarse de forma voluntaria a esta segunda proba, nese caso substituiráselles a cualificación da primeira pola que obteñan nesta. A proba de laboratorio suporá un 15% da calificación final da materia.
Para superar a materia será necesario obter polo menos unha cualificación de 4 sobre 10 tanto no traballo e o informe correspondente á práctica 2 como na proba de laboratorio.
Nesta parte avaliaranse as competencias CE43 e CG13.
30 B13
C43
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para que un alumno supere a materia, deberá alcanzar unha
cualificación global, resultado da ponderación das distintas
avaliacións parciais, de polo menos 5 puntos sobre 10, ademais de alcanzar a puntuación mínima necesaria en cada unha das devanditas avaliacións parciais. A cualificación final para aqueles alumnos que non alcancen a puntuación mínima nalgunha delas será o menor valor entre 4 e a nota ponderada sobre 10.

A avaliación dos alumnos que non opten por avaliación continua será como segue:
- As probas individuais finais escritas e de laboratorio suporán idénticas porcentaxes da cualificación final que no caso dos alumnos que opten por avaliación continua.
- Deberán obrigatoriamente realizar un proxecto, entregar o correspondente informe e realizar a preceptiva presentación pública (nas mesmas sesións e cos mesmos criterios que a dos alumnos que opten por avaliación continua). O informe deberá entregarse polo menos dous días antes da súa presentación pública.
Para superar a materia, os alumnos que non opten por avaliación continua deberán alcanzar en cada unha das probas, así como no informe e na presentación pública, as mesmas puntuacións mínimas que os alumnos en avaliación continua.

Aqueles alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade disporán dunha segunda na data do exame extraordinario. Os requisitos para superar a materia serán os mesmos. Os alumnos que desexen presentarse deberán obrigatoriamente realizar as dúas probas escritas e a de laboratorio. Non se poderán realizar novos proxectos nin presentacións no caso de que se obtiveran neles as cualificacións mínimas esixidas. Os informes dos proxectos deberán entregarse polo menos sete días antes da data do exame extraordinario.Aqueles alumnos que alcanzasen unha puntuación suficiente nas probas escritas e de laboratorio, pero non no proxecto ou na presentación, só serán examinados desta parte, manténdoselles as cualificacións das probas escritas e de laboratorio, agás se renuncian a todas elas por escrito polo menos sete días antes da data do exame extraordinario. Neste caso, deberán obrigatoriamente realizar as dúas probas escritas e a de laboratorio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000