Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Instrumentación electrónica e sensores
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as competencias adquiridas polo estudante sobre os contidos das prácticas de laboratorio da materia. Para iso, terase en conta o traballo de preparación previa, a asistencia e o traballo desenvolvido durante as sesións no laboratorio. A nota final de prácticas (NFP) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. A avaliación das prácticas contará dunha parte común de avaliación do traballo realizado en grupo, na que a cualificación de cada compoñente será a mesma, e dunha parte de avaliación individual de cada estudante, obtida a partir das tarefas de traballo individual previo e de cuestións personalizadas en cada unha das sesións. Nestas prácticas avaliaranse as competencias CG3, CG4, CG5, CE42, CE46, CT2 y CT3. 35 B3
B4
B5
C42
C46
D2
D3
Traballos tutelados Avaliarase o traballo tendo en conta a calidade dos resultados obtidos, da presentación e análise dos mesmos, así como a calidade da memoria final realizada. A nota final do traballo (NTT) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. A avaliación deste traballo realizado en grupo será común a todos os membros do grupo, que obterán a mesma cualificación. Neste traballo avaliaranse as competencias CG3, CG4, CG5, CE42, CE46, CT2 y CT3. 15 B3
B4
B5
C42
C46
D2
D3
Probas de tipo test Probas que se realizarán logo de cada grupo de temas expostos nas sesións maxistrais para avaliar os coñecementos adquiridos polo estudante. A nota final de teoría (NFT) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Nesta actividade avaliaranse as competencias CG3, CG4, CG5, CE42, CE46, CT2 y CT3. 50 B3
B4
B5
C42
C46
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.
Avaliación continua

Seguindo
as directrices propias da titulación e os acordos da
comisión académica ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia
un sistema de avaliación continua.

Enténdese
que os alumnos que realicen unha proba parcial de teoría ou
que asistan a 2 prácticas de laboratorio optan pola avaliación
continua
da materia.

A
materia divídese en tres partes: teoría (50%), práctica (35%) e
traballo tutelado (15%). As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso académico
no que se realizan.

1.a Teoría.

Realizaranse
2 probas parciais de teoría (PT) debidamente
programadas ao longo do curso. A primeira proba (PT1) realizarase en horario
de teoría ao finalizar o tema 5. A segunda proba (PT2) realizarase
o mesmo día que o exame final que se celebrará na
data que estableza a dirección da Escola. As probas non son recuperables, é dicir, que se un estudante non pode asistir o
día en que estean programadas o profesor non ten obrigación de repetilas.

Cada
proba parcial constará dunha serie de preguntas tipo
test e de desenvolvemento do temario. A nota de cada
proba parcial de teoría valorarase de 0 a 10 puntos. A nota
das probas ás que falte será de 0 puntos. A media aritmética das notas dos
dous parciais terá un peso do 90% na nota final de teoría
(NFT). A asistencia a clase (AC) valorarase tamén de 0 a 10 puntos, é terá un peso do 10% en NTF. A expresión para calcular NFT será:

NFT
= 0,9·(PT1 + PT2)/2 + 0,1·AC

Para
superar a parte de teoría será necesario obter polo menos 4,5 puntos
de 10 en cada PT. Se se obtivo menos de 4,5 puntos de 10
na primeira proba parcial, o alumno poderá recuperar dita parte
o mesmo día da segunda proba parcial de teoría.

1.b
Práctica

Realizaranse
7 sesións de prácticas de laboratorio de 2 horas en grupos
de 2 alumnos. A parte práctica cualificarase mediante a
avaliación continua de todas as prácticas. Cada unha das 7
prácticas avaliarase unicamente o día da práctica.

Para
a valoración da parte práctica terase en conta o traballo
de preparación previa, a asistencia e o traballo desenvolvido
durante as sesións no laboratorio. Cada práctica valorarase
cunha nota (NP) entre 0 e 10 puntos. A nota das prácticas ás
que se falte será de 0. A nota final das prácticas (NFP)
será a media aritmética das notas das prácticas:

NFP
= (NP1 + NP2 + NP3 + NP4 + NP5 + NP6 + NP7)/7

Para
superar a parte de práctica será necesario obter na nota
final de prácticas polo menos 5 puntos de 10. Ademais, o estudante
só poderá faltar a 2 sesións de laboratorio, e só se se trata
de faltas debidamente xustificadas.

1.c
Traballo tutelado

Na
primeira sesión de titoría en grupo (horas tipo C) presentaranse
todas as actividades a realizar e asignarase o traballo concreto a cada
grupo de estudantes. A continuación, a meirande parte do traballo do alumno será non
presencial. O profesor seguirá o desenvolvemento do traballo do alumno nas restantes sesións de titoría en grupo (horas tipo C).

O
traballo será avaliado en función da calidade dos resultados obtidos, da presentación e análise dos mesmos, así como da calidade da memoria final realizada. O prazo de entrega da devandita memoria será debidamente programado e informado polo profesorado da materia. A nota do traballo tutelado (NTT) valorarase de 0 a 10 puntos. O alumno que non entregue a memoria final do traballo dentro do prazo indicado terá unha nota NTT = 0.

Para
superar esta parte NTT terá
que ser de polo menos 5 puntos de 10 e o estudante non poderá faltar
a máis de 1 sesión. A falta deberá ser debidamente
xustificada.

1.d
Nota final da materia

Na
nota final (NF), a nota de teoría (NFT) terá un peso do 50%,
a nota de prácticas (NFP) do 35% e a nota do traballo tutelado
(NTT) do 15%.

Para aprobar a materia será imprescindible superar
as tres partes:

  •    a parte de teoría: NFT >= 5 con PT1>=4,5 y PT2>=4,5
  • e a parte práctica: NFP>=5 e non faltar a máis
    de 2 sesións de prácticas.
  • e a parte de traballo
    tutelado: NTT>=5 e non faltar a máis
    de 1 sesión de titoría en grupo.

Neste caso a cualificación final será a suma
ponderada das notas de cada parte:

NF
= 0,50·NFT + 0,35·NFP + 0,15·NTT

No
caso de non superar algunha das tres partes,
a nota final será a calculada usando a seguinte expresión :

NF = min( { 4,5;  0,50·NFT + 0,35·NFP + 0,15·NTT } )

Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

2.
Exame final

Os
alumnos que non opten pola avaliación continua poderán presentarse
a un exame final que constará dunha serie de actividades
avaliables similares ás que se contemplan na avaliación
continua. Así, nas datas establecidas pola dirección da
Escola para a realización do exame final, os estudantes que non
optasen pola avaliación continua deberán realizar unha proba
teórica, unha proba práctica no laboratorio, e un traballo tutelado. Para presentarse á parte práctica e para a asignación do traballo tutelado o
alumno debe apuntarse previamente seguindo o procedemento indicado
polo profesorado con suficiente antelación.

O
exame teórico consistirá en dúas probas que constarán dunha
serie de preguntas tipo test e de desenvolvemento do temario. Cada proba (PT) valorarase de 0 a 10
puntos e a nota final de teoría (NFT) será a media aritmética das
notas das probas parciais:

NFT
= (PT1 + PT2)/2

Para
avaliar a parte práctica teranse en conta os resultados
obtidos na proba realizada no laboratorio. Esta proba consistirá na montaxe dalgúns dos circuítos tratados nas sesións de prácticas e nunha serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test acerca de devanditos circuítos. Esta proba práctica
valorarase de 0 a 10 puntos e dita cualificación será a nota final de prácticas (NFP).

O alumno tamén deberá facer un traballo tutelado e entregar unha memoria escrita do mesmo o día do exame final de
teoría.  Para
avaliar o traballo tutelado terase en conta a calidade dos resultados
obtidos, da presentación e a análise dos mesmos, así coma a calidade da  da memoria final realizada. Este traballo valorarase de 0 a 10 puntos e dita cualificación será a nota final desta parte (NTT). O alumno que non entregue a memoria final do traballo dentro do prazo indicado terá unha nota NTT = 0.

Para aprobar a materia será imprescindible superar
as tres partes:

  •    a parte de teoría: NFT >= 5 con PT1>=5 y PT2>=5
  • e a parte práctica: NFP>=5
  • e a parte de traballo
    tutelado: NTT>=5

Neste caso a cualificación final será a suma
ponderada das notas de cada parte:

NF
= 0,50·NFT + 0,35·NFP + 0,15·NTT

No
caso de non superar algunha das tres partes,
a nota final será a calculada usando a seguinte expresión :

NF = min( { 4,5;  0,50·NFT + 0,35·NFP + 0,15·NTT } )

Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

3.
Segunda oportunidade de superar a materia

Esta oportunidade terá o mesmo formato que o exame final: unha proba teórica, unha proba práctica no laboratorio, e un traballo tutelado. Celebrarase na data que estableza a dirección da Escola. Para presentarse á parte práctica e para a asignación do traballo tutelado o alumno debe apuntarse previamente seguindo o procedemento indicado polo profesorado con suficiente antelación.

As notas das partes ás que non se presenten nesta segunda
oportunidade serán as obtidas na avaliación continua ou no exame final do
curso académico actual. Ademais, nesta ocasión os estudantes só poderán
presentarse ás probas que non superaron na primeira
oportunidade.

O cálculo da nota final da materia realizarase tal e como se explica:

  • no apartado 1.d para os alumnos que optaron pola avaliación continua.
  • no apartado 2 para os alumnos que non  seguiron a avaliación continua.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000