Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Instrumentación electrónica e sensores
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Avaliaranse as competencias adquiridas polo estudante sobre os contidos das prácticas de laboratorio da materia. Para iso, terase en conta o traballo de preparación previa, a asistencia e o traballo desenvolvido durante as sesións no laboratorio. A nota final de prácticas (NFP) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Nestas prácticas avaliaranse as competencias CG3, CG4, CG5, CE42, CE46, CT2 y CT3. 35 B3
B4
B5
C42
C46
D2
D3
Traballos tutelados Avaliarase o traballo tendo en conta a calidade da memoria final realizada así como a súa exposición pública na aula. A nota final do traballo (NTG) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Neste traballo avaliaranse as competencias CG3, CG4, CG5, CE42, CE46, CT2 y CT3. 15 B3
B4
B5
C42
C46
D2
D3
Probas de tipo test Probas que se realizarán logo de cada grupo de temas expostos nas sesións maxistrais para avaliar os coñecementos adquiridos polo estudante. A nota final de teoría (NFT) estará comprendida entre 0 e 10 puntos. Nesta actividade avaliaranse as competencias CG3, CG4, CG5, CE42, CE46, CT2 y CT3. 50 B3
B4
B5
C42
C46
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.
Avaliación continua

Seguindo
as directrices propias da titulación e os acordos da
comisión académica ofrecerase aos alumnos que cursen esta materia
un sistema de avaliación continua.

Enténdese
que os alumnos que realicen unha proba parcial de teoría ou
que asistan a 2 prácticas de laboratorio optan pola avaliación
continua
da materia.

A
materia divídese en tres partes: teoría (50%), práctica (35%) e
traballo tutelado (15%). As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso académico
no que se realizan.

1.a Teoría.

Realizaranse
2 probas parciais de teoría (PT) debidamente
programadas ao longo do curso. A primeira proba realizarase en horario
de teoría ao finalizar o tema 5. A segunda proba realizarase
o mesmo día que o exame final que se celebrará na
data que estableza a dirección da Escola. As probas non son recuperables, é dicir, que se un estudante non pode asistir o
día en que estean programadas o profesor non ten obrigación de repetilas.

Cada
proba parcial constará dunha serie de preguntas tipo
test e de desenvolvemento do temario. A nota de cada
proba parcial de teoría (PT) valorarase de 0 a 10 puntos. A nota
das probas ás que falte será de 0 puntos. A nota final de teoría
(NFT) será a media aritmética das notas dos
parciais:

NFT
= (PT1 + PT2)/2

Para
superar a parte de teoría será necesario obter polo menos 5 puntos
de 10 en cada unha delas. Se se obtivo menos de 5 puntos de 10
na primeira proba parcial, o alumno poderá recuperar dita parte
o mesmo día da segunda proba parcial de teoría.

1.b
Práctica

Realizaranse
7 sesións de prácticas de laboratorio de 2 horas en grupos
de 2 alumnos. A parte práctica cualificarase mediante a
avaliación continua de todas as prácticas. Cada unha das 7
prácticas avaliarase unicamente o día da práctica.

Para
a valoración da parte práctica terase en conta o traballo
de preparación previa, a asistencia e o traballo desenvolvido
durante as sesións no laboratorio. Cada práctica valorarase
cunha nota (NP) entre 0 e 10 puntos. A nota das prácticas ás
que se falte será de 0. A nota final das prácticas (NFP)
será a media aritmética das notas das prácticas:

NFP
= (NP1 + NP2 + NP3 + NP4 + NP5 + NP6 + NP7)/7

Para
superar a parte de práctica será necesario obter na nota
final de prácticas polo menos 5 puntos de 10. Ademais, o estudante
só poderá faltar a 2 sesións de laboratorio, e só se se trata
de faltas debidamente xustificadas.

1.c
Traballo tutelado

Na
primeira sesión de titoría en grupo (horas tipo C) presentaranse
todas as actividades a realizar e asignarase o traballo concreto a cada
grupo de estudantes. A continuación, la meirande parte do traballo do alumno será non
presencial. O profesor seguirá o desenvolvemento do traballo do alumno nas restantes sesións de titoría en grupo (horas tipo C).

O
traballo será avaliado en función dos resultados obtidos e a
análise dos mesmos. Para iso, valorarase a exposición
pública na aula cunha nota (NE) entre 0 e 10 puntos e a
calidade da memoria final realizada cunha nota (NM) entre 0 e 10
puntos. A nota final do traballo en grupo (NTG) será a suma
ponderada das notas de cada parte, tendo a presentación na
aula un peso do 30% e a memoria do traballo un 70%. A nota final
do traballo en grupo (NTG) será:

NTG
= 0,3·NE + 0,7·NM

Para
superar esta parte a nota final do traballo en grupo (NTG) terá
que ser de polo menos 5 puntos de 10 e o estudante non poderá faltar
a máis de 1 sesión. A falta deberá ser debidamente
xustificada.

1.d
Nota final da materia

Na
nota final (NF), a nota de teoría (NFT) terá un peso do 50%,
a nota de prácticas (NFP) do 35% e a nota do traballo tutelado
(NTG) do 15%. Para aprobar a materia será imprescindible superar
a parte de teoría, a parte práctica e a parte de traballo
tutelado. Neste caso a cualificación final será a suma
ponderada das notas de cada parte:

NF
= 0,50·NFT + 0,35·NFP + 0,15·NTG

No
caso de non superar algunha das partes (NFT < 5 ou NPF <
5 ou NTG < 5), ou de non alcanzar o mínimo de 5 puntos en cada
unha das probas parciais de teoría, ou de faltar a máis
de 2 sesións de prácticas ou a máis de 1 sesión de titoría en grupo,
a nota final será a mínima das notas obtidas nas tres partes:

NF
= min{ NFT, NFP, NTG }

Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

2.
Exame final

Os
alumnos que non opten pola avaliación continua poderán presentarse
a un exame final que constará dunha serie de actividades
avaliables similares ás que se contemplan na avaliación
continua. Así, nas datas establecidas pola dirección da
Escola para a realización do exame final, os estudantes que non
optasen pola avaliación continua deberán realizar unha proba
teórica, unha proba práctica no laboratorio, e un traballo tutelado. Para presentarse á parte práctica e para a asignación do traballo tutelado o
alumno debe apuntarse previamente seguindo o procedemento indicado
polo profesorado con suficiente antelación.

O
exame teórico consistirá en dúas probas que constarán dunha
serie de preguntas tipo test e de desenvolvemento do temario. Cada proba (PT) valorarase de 0 a 10
puntos e a nota final de teoría (NFT) será a media aritmética das
notas das probas parciais:

NFT
= (PT1 + PT2)/2

Para
avaliar a parte práctica teranse en conta os resultados
obtidos na proba realizada no laboratorio. A parte práctica
valorarase de 0 a 10 puntos e a nota final de prácticas (NFP)
será a cualificación obtida.

O
traballo tutelado valorarase 0 a 10 puntos. O alumno deberá entregar a memoria do traballo o mesmo día do exame final de
teoría. Ademais, deberá realizar una presentación na semana seguinte á
entrega das memorias. Para
avaliar o traballo tutelado teranse en conta os resultados
obtidos e a análise dos mesmos. Para iso, valorarase a
exposición pública na aula cunha nota (NE) entre 0 e 10 puntos
e a calidade da memoria final realizada cunha nota (NM) entre 0
e 10 puntos. A nota final do traballo en grupo (NTG) será a suma
ponderada das notas de cada parte, tendo a presentación na
aula un peso do 30% e a memoria do traballo un 70%. A nota final
do traballo en grupo (NTG) será:

NTG
= 0,3·NE + 0,7·NM

Para
aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo
de 5 puntos sobre 10 en cada unha do tres partes. Neste caso a
cualificación final será a suma ponderada das notas de cada
parte:

NF
= 0,50·NFT + 0,35·NFP + 0,15·NTG

No
caso de non superar algunha das partes (NFT < 5 ou NFP <
5 ou NTG < 5), a nota final será a mínima das notas obtidas nas tres partes:

NF
= min{ NFT, NFP, NTG }

Para aprobar a materia será necesario obter unha nota final NF>=5.

3.
Segunda oportunidade de superar a materia

Esta oportunidade terá o mesmo formato que o exame final: proba teórica, proba práctica no laboratorio, e un traballo tutelado. Celebrarase na data que estableza a dirección da Escola. Para presentarse á parte práctica e para a asignación do traballo tutelado o alumno debe apuntarse previamente seguindo o procedemento indicado polo profesorado con suficiente antelación.

As notas das partes ás que non se presenten nesta segunda
oportunidade serán as obtidas na avaliación continua ou no exame final do
curso académico actual. Ademais, nesta ocasión os estudantes só poderán
presentarse ás probas que non superaron na primeira
oportunidade.

O cálculo da nota final da materia realizarase tal e como se explica no apartado 2.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000