Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Principios de comunicacións dixitais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Exercicios curtos asociados aos contidos explicados nas clases maxistrais e no laboratorio. Realizaranse tres exercicios nas horas tipo A. En concreto:
- Exercicio 1: semana 4 ou 5
- Exercicio 2: semana 8 ou 9
- Exercicio 3: semana 12 ou 13

Cada exercicio terá un peso do 2/30 na nota final (Nota acumulada: 3*2/30 = 20%)
20 B3
B4
C26
D3
Aprendizaxe baseado en proxectos Realización dun proxecto práctico en grupo que se avaliará individualmente a última semana de clase mediante entrevista na hora tipo C correspondente.

Esta actividade é obligatoria tanto para os alumnos de continua como para os de non continua, representando en ambolosdous casos un 40% da nota final.
40 B3
B4
B11
C26
D2
D3
Resolución de problemas Resolución de problema/s proposto/s. Realizaranse polos alumnos fora do horario de clase, de forma individual. 10 B3
B4
B11
C26
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final de resolución de exercicios, que coincidirá coa cuarta proba de avaliación continua. O peso será do 60% para os alumnos que non se sometan a avaliación continua, e do 30% para os que si. 30 B3
B4
B11
C26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aqueles alumnos que opten por avaliación continua a nota final obterase como:

Nexercicio+Npuntuables+Nproxecto+Nexame

sendo Nexercicio a nota correspondente á resolución de problema/s propostos, ata un máximo de 1 punto; Npuntuables a nota acumulada nos exercicios curtos puntuables, ata un máximo de 2 puntos; Nproxecto a nota do proxecto práctico ata un máximo de 4 puntos, e Nexame a nota do exame final ata un máximo de 3 puntos. Para aprobar a materia un alumno debe ter un mínimo de 3.5 puntos sobre 10 no exame; senón alcánzase este mínimo, a nota final do alumno será a obtida no exame, aínda que optase por avaliación continua.

Para os alumnos que non opten por avaliación continua, a nota final obterase como:

Nproxecto+Nexamen

sendo Nproxecto a nota dun proxecto práctico proposto de forma específica para os alumnos de non continua, de complexidade similar ó proxecto dos alumnos de continua, ata un máximo de 4 puntos, e Nexame a nota do exame final ata un máximo de 6 puntos. Para aprobar a materia un alumno debe ter un mínimo de 3.5 puntos sobre 10 no exame; senón alcánzase este mínimo, a nota final do alumno será a obtida no exame.

O exame final dos alumnos que non optan por avaliación continua constará dun exercicio máis que o dos alumnos que se avalían por avaliación continua.

O alumno debe decidir, tras a realización da segunda proba puntuable, se opta por avaliación continua ou non, comunicándollo ao profesor dentro do prazo que se estableza. Os alumnos que optasen pola avaliación continua e non aprobasen a materia recibirán a cualificación de "suspenso" independentemente de que se presenten ao exame final ou non.

A nota dos puntuables consérvase para a convocatoria de recuperación, pero non para cursos posteriores. No exame de recuperación os alumnos que opten por avaliación continua poderán elixir se desexan manter a nota obtida nas probas puntuables e exercicio/s propostos/s, ou ser avaliados só polo exame final (cun peso do 60%) e o proxecto (40%).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000