Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Circuítos de microondas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio No caso de avaliación continua, durante a realización das mesmas o alumno contestará por escrito a algunhas cuestións que se lle suscite.
Tamén en calquera dos tres puntuables poderá ser evaluada esta parte da asignatura.
No caso de avaliación única no exame final, tamén poderá ser evaluada esta parte da asignatura nese exame.
7 B3
B5
C23
C24
C25
D2
D3
Prácticas en aulas de informática No caso de avaliación continua, durante a realización das prácticas o alumno contestará/resolverá individualmente e por escrito cuestiones/problemas que se lle expoña. Tamén en calquera do tres puntuables poderá ser avaliada esta parte da materia.
No caso de avaliación única no exame final, tamén poderá ser avaliada esta parte da materia nese exame.
5 B3
B5
C23
C24
C25
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse tres puntuables, cada un dos cales conterá resolución de problemas. Tamén poderán conter unha parte de cuestións de resposta curta relacionadas coas clases magistrales ou as clases prácticas, tanto de laboratorio como en aula informática.
80 B3
B4
B5
C23
C24
C25
Informes/memorias de prácticas Avaliaranse: a memoria escrita (grupal) e a presentación oral do traballo en grupo realizado. Na presentación oral, realizaránselle preguntas a cada membro do grupo e asignaráselle unha nota individualizada. A nota total individual deste traballo será a suma da cualificación do informe (calif. grupal) e da súa presentación oral.
8 B4
B9
C23
C24
C25
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) No caso de que o alumno opte por avaliación continua :

1. Será obrigatoria a asistencia ás clases prácticas de laboratorio e en aula informática, así como ás clases en grupos reducidos. Para que as clases en grupos reducidos sexan avaliadas, será obrigatoria a presentación, individual ou en grupo, dunha memoria escrita e realización dunha exposición oral do traballo desenvolvido. A cualificación global obtida da avaliación das clases prácticas e en grupos reducidos é do 20% da cualificación total da materia.

2. O resto da materia será avaliado a través de tres puntuables que conterán resolución de problemas, ademais de poder conter cuestións de resposta curta. Este tres puntuables suman o 80% da cualificación total da materia.

O Primeiro Puntuable terá lugar ao redor da semana 6 de impartición da materia, e o segundo ao redor da 10. Ambos os puntuables durarán unha hora aproximadamente, e cada un correspóndese cun 10% da cualificación total da materia. Antes de realizar o Segundo Puntuable, o alumno comunicará por escrito ao coordinador da materia a súa decisión de acollerse ou non á avaliación continua, ou de ser avaliado só no Exame Final.

O Terceiro Puntuable realizarase coincidindo co exame final dos alumnos que non se acolleron á avaliación continua. Este puntuable é o máis importante, e correspóndese co 60% da cualificación total da materia.

B) No caso de que o alumno non se acolla á avaliación continua, teríase en conta unicamente a nota obtida no Exame Final (100% nota total materia). Este exame inclúe resolución de problemas (na súa versión extensa) e contestación a preguntas de resposta curta relacionadas con: a parte teórica da materia, as prácticas de laboratorio e en aula informática.

Segunda Convocatoria (Xullo):

En xullo presentaranse os estudantes que non superasen a materia na primeira convocatoria, debendo realizar un exame das mesmas características que o descrito na opción B.

En particular, os estudantes que na convocatoria anterior elixiron avaliación continua, poderán optar nesta convocatoria por ser avaliados segundo a opción B (Exame Final) ou a A. Neste último caso, teránselle en conta as cualificacións obtidas na convocatoria anterior no Primeiro e Segundo Puntuable, nas clases prácticas (laboratorio experimental e aula informática) e no traballo en grupos reducidos; que terá un peso conxunto de ata o 40% da nota total da materia. Ademais, terán que realizar un puntuable similar ao "Terceiro Puntuable", que terá un peso de ata o 60% da nota total da materia. O alumno comunicará por escrito ao coordinador da materia a súa decisión de optar por unha ou outra forma de avaliación, con anterioridade á realización do exame.

En caso de detección de plaxio
nalgún dos traballos/probas realizadas, a cualificación final da
materia será de suspenso (0) e os profesores comunicarán á dirección da
escola o asunto para que tome as medidas que considere oportunas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000