Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Fundamentos de enxeñaría acústica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas en aulas de informática Valoración do traballo escrito que describe o traballo de varias semanas na aula informática. 15 B3
B5
B6
B9
B11
C34
C37
D3
D4
Prácticas de laboratorio Exame sobre a preparación previa ás prácticas de laboratorio 8'75 B3
B5
B6
B9
B11
C34
C37
D3
D4
Probas de resposta curta Exame escrito de avaliación, con preguntas breves e problemas. 50 B3
B5
B11
C34
C37
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame sobre os exercicios de interpretación das prácticas de laboratorio. 26,25 B3
B5
B6
B11
C34
C37
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase a quen curse esta materia dous sistemas de avaliación: AVALIACIÓN CONTINUA, que é o método recomendado e ao redor do cal se organizan as actividades docentes e unha opción de AVALIACIÓN NON CONTINUA, que soamente se recomenda naquelas situacións nas que resulta imposible seguir o sistema recomendado.

AVALIACIÓN CONTINUA

A avaliación continua consta das probas que se detallan a continuación nesta guía. Óptase pola avaliación continua á firma o documento de compromiso que se ofrecerá durante as semanas 1-3, de forma que se poida comezar o traballo nos grupos correspondentes. Unha vez asinado, entenderase que a persoa se presentou á convocatoria e asignaráselle a cualificación que resulte da aplicación do criterio que se detalla a continuación con independencia de que se presente ou non ao exame final.

Tipos e valoración de actividades

* Sesións maxistraiss (Peso: 50%)

* Prácticas en aulas de informática (Peso: 15%)

* Prácticas de laboratorio (peso: 35%): A sua avaliación dividese entre a preparación (8'25 %) e a interpretación (26'75 %) das prácticas

Co obxecto de garantir que os estudantes adquiren todas as competencias da materia, para aprobar será necesario cumprir estas dúas condicións:

1) Obter unha nota igual ou superior a un 4 (nunha escala de 0 a 10), no conxunto das actividades de cada tipo.

2)  Obter unha nota global, calculada como a suma das puntuacións das actividades ponderadas polo peso correspondiente, igual ou superior a un 5 (nunha escala de 0 a 10).


AVALIACIÓN NON CONTINUA

Quen non firme o documento de compromiso será avaliada/ou a través dun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final incluirá os contidos tratados en todas as actividades, de forma que se demostre que adquiriu as mesmas competencias que quen optasen pola avaliación continua.

Tipos e valoración de seccións

* Sesións maxistrais (Peso: 50%)

* Prácticas en aulas de informática (Peso: 15%)

* Prácticas de laboratorio (peso: 35%)

Co obxecto de garantir que os estudantes adquiren todas as competencias da materia, para aprobar será necesario cumprir estas dúas condicións:

1) Obter unha nota igual ou superior a un 4 (nunha escala de 0 a 10), en cada unha das distintas seccións nas que se divide o exame. 

2) Obter unha nota global no exame igual ou superior a un 5 (nunha escala de 0 a 10).


Convocatoria extraordinaria:

Quen fose avaliada/o por Avaliación Continua pode optar entre dúas posibilidades o mesmo día do exame:

* Realizar unha proba das partes examinables por escrito na data oficial asignada polo Centro e ser avaliada/ou segundo o estipulado para o sistema de “AVALIACION CONTINUA”.

* Ser avaliada/o cun único exame final na data oficial asignada polo Centro, segundo o estipulado para o sistema de “AVALIACIÓN NON CONTINUA”.

Quen NON fose avaliada/o por Avaliación Continua:

* Será avaliada/o cun único exame final na data oficial asignada polo Centro. segundo o estipulado para o sistema de “AVALIACIÓN NON CONTINUA”.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000