Guia docente 2014_15
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Fundamentos de enxeñaría acústica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas en aulas de informática Valoración do trabajo escrito que describe o traballo de varias semanas na aula informática. Orientado a evaluar as competencias A43 e A46. 15
Proxectos Valoración do traballo realizado en grupo ao longo do cuadrimestre, incluíndo a elaboración de informes.
Orientada a evaluar a competencia A46.
35
Probas de resposta curta Exame escrito de avaliación, con preguntas breves e problemas. Orientado a evaluar as competencias A3, B2, A43 e A46. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase a quen curse esta materia dous sistemas de avaliación: AVALIACIÓN CONTINUA, que é o método recomendado e ao redor do cal se organizan as actividades docentes e unha opción de AVALIACIÓN NON CONTINUA, que soamente se recomenda naquelas situacións nas que resulta imposible seguir o sistema recomendado.

AVALIACIÓN CONTINUA

A avaliación continua consta das probas que se detallan a continuación nesta guía. Óptase pola avaliación continua á firma o documento de compromiso que se ofrecerá durante as semanas 1-3, de forma que se poida comezar o traballo nos grupos correspondentes. Unha vez asinado, entenderase que a persoa se presentou á convocatoria e asignaráselle a cualificación que resulte da aplicación do criterio que se detalla a continuación con independencia de que se presente ou non ao exame final.

Tipos e valoración de actividades:
* Informes/memorias de prácticas (Peso: 15%): recóllese o resultado aproximadamente nas semanas 14-15.
* Proba de resposta curta (Peso: 50%): coincide coa data do exame final da materia.
* Traballos en grupo (peso: 35%): valoración dos traballos realizados en grupo ao longo do cuadrimestre, incluíndo elaboración de memorias ou informes. Recóllense evidencias da evolución dos traballos ao longo da súa realización.

Co obxecto de garantir que os estudantes adquiren todas as competencias da materia, para aprobar será necesario cumprir estas dúas condicións:

1) obter unha nota igual ou superior a un 4 (nunha escala de 0 a 10), no conxunto das actividades de cada tipo.

2) obter unha nota global, calculada como a suma das puntuacións das actividades ponderadas polo peso correspondiente, igual ou superior a un 5 (nunha escala de 0 a 10).


AVALIACIÓN NON CONTINUA

Quen non firme o documento de compromiso será avaliada/ou a través dun único exame final na data oficial asignada polo Centro. Este exame final incluirá os contidos tratados en todas as actividades, de forma que se demostre que adquiriu as mesmas competencias que quen optasen pola avaliación continua.

Co obxecto de garantir que os estudantes adquiren todas as competencias da materia, para aprobar será necesario cumprir estas dúas condicións:

1) obter unha nota igual ou superior a un 4 (nunha escala de 0 a 10), en cada unha das distintas seccións nas que se divide o exame. As seccións correspóndense, respectivamente, cos contidos tratados en:

* sesións maxistrales

* prácticas de simulación

* ensaios de medida realizados no laboratorio.

2) obter unha nota global no exame igual ou superior a un 5 (nunha escala de 0 a 10).


Convocatoria extraordinaria:

Quen fose avaliada/o por Avaliación Continua pode optar entre dúas posibilidades o mesmo día do exame:

* Realizar de novo a Proba de resposta curta na data oficial asignada polo Centro e ser avaliada/ou segundo o estipulado para o sistema de “AVAILACION CONTINUA”.

* Ser avaliada/o cun único exame final na data oficial asignada polo Centro, segundo o estipulado para o sistema de “AVAILACIÓN NON CONTINUA”.

Quen NON fose avaliada/o por Avaliación ContInua:

* Será avaliada/o cun único exame final na data oficial asignada polo Centro. segundo o estipulado para o sistema de “AVAILACIÓN NON CONTINUA”.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000