Guia docente 2015_16
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Fundamentos de enxeñaría acústica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesorado dos contidos da materia, fomentando a discusión crítica dos conceptos. sentan as bases teóricas de algoritmos e procedementos usados para resolver problemas.
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Resolución de exercicios como aplicación das bases teóricas e procedementos descritos nas sesións maxistrais.
Exposta unha determinada situación, o alumnado debe obter a solución adecuada dunha forma razoada, elixindo correctamente as fórmulas aplicables e chegando a unha solución válida.
Prácticas en aulas de informática Manexo e axuste de ferramentas de análises e algoritmos, identificando cales usar en cada situación exposta.
Prácticas de laboratorio Traballo cooperativo e colaborativo en grupo reducido, con instrumental de medida e rexistro de magnitudes acústicas, en condicións de laboratorio.
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de exercicios de interpretación relativos ao traballo en laboratorio
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000