Guia docente 2016_17
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación
 Materias
  Enxeñaría de equipos electrónicos
   Recomendacións

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Sistemas de adquisición de datos/V05G300V01521

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas: Cálculo II/V05G300V01203
Electrónica dixital/V05G300V01402
Física: Fundamentos de electrónica/V05G300V01305
Tecnoloxía electrónica/V05G300V01401
 
Outros comentarios
Os entregables correspondentes aos exercicios e problemas están previstos, de forma orientativa, para as semanas 2, 4, 6, 8 e 10. Seguindo as directrices propias da titulación e os acordos da comisión académica, ofrécese aos alumnos a opción de avaliación continua ou facer o exame final na data establecida polo centro. Os alumnos que elixan avaliación continua deberano comunicar ao profesor durante as dúas primeiras semanas de clase. A avaliación continua supón: a) Que os alumnos realicen os problemas e exercicios propostos polo profesor e os entreguen en tempo e forma. Valoración máxima 4 puntos (40% da nota final). Deberase obter unha nota mínima de 2 puntos. Estas tarefas non serán recuperables posteriormente. Os alumnos que non superen esta nota deberán asistir ao exame final. b) Que os alumnos realicen dous traballos tutelados. Un deles en colaboración con AENOR e alumnos da Facultade de Filoloxía e Tradución, e outro en colaboración cunha empresa da contorna. O traballo en colaboración coa empresa realizarase preferiblemente nos meses de Febreiro, Marzo, Abril e Maio. Valoración máxima 6 puntos (60% da nota final). A avaliación mediante exame final, tanto a final de cuadrimestre como no extraordinario (Xuño-Xullo), supón: a) Que os alumnos realicen e entreguen o día do exame, os exercicios e problemas propostos na materia, aos que se refire o apartado a) do parágrafo anterior. Valoración máxima 4 puntos (40% da nota final). Deberase obter unha nota mínima de 2 puntos. b) Que os alumnos realicen un exame de 2h con preguntas e problemas correspondentes tanto á parte teórica como de laboratorio. Valoración máxima de 6 puntos (60% da nota final). Deberase obter unha nota mínima de 3 puntos. Para os alumnos que no exame final non superen algún dos dous mínimos esixidos, obterán unha cualificación que será o valor menor entre a nota media das dúas partes e 4,5.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000